Páxinas

2006/11/27

Helena

Helena e Gómez comunícanse e ámanse a través da rede, só así existe a súa relación. Helena sempre agarda por Gómez, de día como secretaria obediente e polas noites, e nas súas propias palabras, como unha porca de páxina web de pago. É unha sumisa agardadora entregada en exclusividade a un amo que nin sequera é quen de asumir a súa condición. Un home utilitarista que está a anos luz do amor dela e que sen dúbida non a merece. E ela peca da eterna historia do amor calado ao gozar resignada dese amor que non confesa porque no silencio está a súa entrega.
Noutra historia Helena ha de poñer lentes de vidros transparentes e ha quitar a roupa na oficina.
[PD: Xogando co que non é meu.]

5 comentários:

Anônimo disse...

Estou tolo pola impresión. Moitísimas grazas!!!!!!!

Anônimo disse...

humm

Anônimo disse...

Sen dúbida estás a falar de SPAM, de Francisco Castro, a quen sigo dende que lin un relato no que trataba o sexo (ou carencia del) do mozo? da Barbie. fascinante. Debo dicir, sendo sinceiro, que a novela non me encheu nin moito menos, sen dubidar da súa calidade como escritor. Pareceume breve para o Blanco Amor: 122 páxinas coido recordar, e empeza na 11. Cantas quedan? Aburrinme nas primeiras 90. Pouco queda.

Anônimo disse...

O que pertuba desta Helena é a ollada por riba dos lentes.

X disse...

Encántame que lle pareza perturbadora :)