Páxinas

2006/11/14

O pracer do singular


O exceso de información chega a ser inservible, a facilidade coa que accedemos aos bens culturais mesmo acaba por nos converter en usuarios aborrecidos.
Ir a un museo pode ser unha experiencia marabillosa, ver en tres días os museos dunha gran capital acaba por converter o pracer en algo dificilmente dixerible.
U-los aqueles tempos en que agardabamos ansiosos a saída ao mercado do último disco dos nosos ídolos?
Que se sente ao ter no disco duro do ordenador máis libros dos que nunca poderás ler?
Que se sente ao ter máis minutos de música dos que ha durar a túa existencia?
O tempo foxe sen remedio, mentres...
eu escribo este blog.
Copiado de aquí.

4 comentários:

Manuel Rivas disse...

Información e desinformación son as dúas caras da mesma moeda. O problema é que, coma sempre a virtude está no termo medio, e o que unha moeda caia de canto ven sendo pouco menos que imposible.

Mrs.Doyle disse...

Nunca hai un exceso de información, dende o meu punto de vista, o que si hai é unha complicación xurdida polo aumento da mesma. Xa se sabe cantas máis fontes, máis tempo se precisa e máis se tarda en chegar a unha conclusión. Pero supoño que o desesperante disto é a sensación de perda de tempo que nos invade cando no proceso de información tardamos en atopar algo de proveito...

Pensemos que de todo se aprende...

Moralla disse...

MACROFOTO DA QUE ME ACABO DE NAMORAR!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

R.R. disse...

Eu si creo que hai exceso de información, polo menos de información da que vén do mesmo lado e contra a que é imposible apoñer información que defenda outro tipo de ideas. Porque existe un innegable potencial económico que cobre todo intento de achegar á xente noticias chegadas do outro lado a base de saturar a "opinión pública" (detestable sintagma) con noticias estúpidas que só chegan ó anecdótico. "Mellor non pensedes", é o que veñen dicindo os seus medios continuamente. "Todo é superficial e non tedes nada que facer para amañalo".

E paro xa, que me enredo.