A nivel mundial xa os números me perden. No noso estado, a ministra deu datos de dous millóns de mulleres españolas maltratadas polas súas parellas, a cifra está tan fóra de lugar que perdemos o concepto das proporcións.
Se eliminamos, en xeral, as nenas e as mulleres sen parella, que proporción de maltratadas quedaría?
Estatisticamente debería atopar no círculo de mulleres máis próximo a min varios casos de violencia de xénero, repaso, procuro atopar e nos máis achegados, nada, pero en canto falamos de coñecidos xa é outra cousa e empezan a vir á cabeza algunhas caras.
Volvo ao máis próximo, analizo, as intervencións improcedentes en conversas de café, as reaccións fóra de lugar, a agresividade latente... están protagonizadas por mulleres.
Supoño que haberá algo de casualidade na miña percepción sesgada da realidade e moito de que a violencia de xénero é ese inimigo que se agacha tras as portas dos nosos fogares invisible para os que nos rodean ata que é demasiado tarde.
Desfagámonos dos sacos culturais discriminatorios que aínda levamos ás costas
“Cuanto más reñidos, más queridos”
“Quién bien te quiere, te hará llorar”
“Entre marido y mujer no te debes meter”
etc.

Se están ao noso redor, por que non @s vemos?
Miremos ben, non caiamos na arañeira d@s maltratador@s e apliquemos o nivel de Tolerancia 0.
3 comentários:
A actual cultura da muller-obxecto (hai quen ten unha moza para fardar da súa carrocería coma quen ten un BMW) e a falta de empatía de moitos varóns non axuda moito a que as cousas melloren. "Los hombres no lloran, tienen que pelear" .
Creo que estamos moi lonxe de solucionar este problema. Mirade cara as escolas. Parece que cada vez a sociedade é máis agresiva e intolerante.
A respeito do anterior comentário só um muito breve esclarecimento para evitar false-friends da língua:
putos = meninos, crianças .
Postar um comentário