Páxinas

2006/11/21

Os outros

Os días seguen a ser malos, aínda así...
Os outros sempre nos dan unha visión diferente de nós mesmos, moitas veces non é real pero abonda con que nos gustaría que o fose.
Onte descubrín que Aultre Narai puxera este blog nos enlaces de Pés espidos e ao carón do seu nome estas palabras "un paraíso para a alma", emocioneime, non puiden facer por menos.
Gustaríame dedicar este post aos que nos fan ben sen eles saber.
Grazas.
[Fotografía de Hermine GSTEU: Sad]

6 comentários:

Manuel Rivas disse...

Os outros son o nos mellor espello e algúns, coma Aultre Narai, pode que sexan dos máis nítidos.

aultre narai disse...

diosssssssss que me poño colorada!!!!

o dito, un paraíso para a alma :D

rivas!!! que me faltas ti... que vergoña!!!

XM Carreira: Caixa do Mendinho disse...

Facer ben aos demais é a mellor maneira de facerse ben a un mesmo. Lei do karma

Mrs.Doyle disse...

Ánimo, X.
Como decía R. Tagore: "as tormentas escampan e o sol sae tódolos días"

aultre narai disse...

ah, que me esquecía, non estou eu tan segura de que a miña visión non sexa tan "real" :) veña, ánimo!!

X disse...

Grazas a tod@s.