Páxinas

2014/07/24

O rastro


Fotografía de X.

No cinceiro dúas cabichas impacientes agardaban por nós.
A cervexa estaba ben fresca e un fío de escuma mantívose un intre no teu beizo tentando desexos doutrora, pensei que só eran os efectos secundarios predicibles de coñecerse nunha mañá de verán. Matei a ansiedade/desexo cos cacahuetes salgados que me deron máis sede (de ti). E mireite falar como se levásemos anos facéndoo, e sei que eu tamén falei pero diso non me lembro, andaba demasiado ocupada en querer reter(te) todo. Aínda non me dera tempo de rematar a tónica cando ti xa te ergueras e camiñabas con présa cara ao coche como querendo fuxir desta lembranza que non é nosa, do bar no que non estivemos e deste rastro que nunca deixamos.

2014/01/05

Reis 2014


Non é preciso que vaias cedo para a cama, os dous sabemos que este ano NON TE PORTACHES BEN.

2014/01/01

O día que non existe



Outra vez máis o día que non existe, ese que segue ao dos balances e antecede ao dos bos propósitos, afoga entre choiva e soño nun naufraxio de roupa polo chan e tabletas de antibióticos. O mellor propósito, durmir ata a noite de Reis, non ha poder ser e comeza 2104...