Páxinas

2012/04/09

Cine primeiro trimestre 2012


Os filmes están ordenados por puntuación seguindo a clasificación selvática:
 
10 (Podería volver a vela mil veces. Esta é das miñas)
 
9 (Para lembrar, para volver a ver, para gozar diante da pantalla)
 
8 (Tes que vela)
Albert Nobbs (2011)
Como ella sola (1942) 
Tú y yo (1957)

7 (Lémbrame que debería ir máis ao cine)
 
6 (Veña, si, por haches, por bes ou por cetas, si)
Funny Lady (1975)
 
5 (Non ocupar nin unha neurona lembrándoa)

4 (Como aburrise diante dunha pantalla)
 
3 (Mala)
Loverboy (2005)

2 (Sinxelamente insoportable)

1 (Antes morta que volver a vela)

Casualidades e voltas

As casualidades fan que se produzan dúas voltas o mesmo día.

Fotografía en Flickr de Murcianico.

As dúas
   ...foron motivadoras de bos momentos no pasado.
   ...están protagonizadas por homes.
   ...reflicten vidas interesantes.
   ...son motivo de alegría.
   ...son desexadas.
   ...fanme pensar.
   ...intríganme.
e aínda así non teñen nada que ver a unha coa outra.