Páxinas

2011/08/14

Entre lamber e morder



Nas terrazas de verán os temas son completamente diferentes aos das mesas interiores que nos acollen noutras épocas do ano.
Atrapados baixo os parasoles e para evitar o sopor das primeiras horas da tarde as conversas reláxanse e derivan en mensaxes ambiguas, sen evolución coherente, pero que provocan o riso dos congregados. Como quen non quixo a cousa, e partindo dun solombo demasiado pouco feito, a conversa foi dar nos xeitos de morder e as súas variedades, puxemos os dentes a traballar e trabamos e abocamos.
Alguén lembrou aquilo de "máis vale lamber que morder", pero véndote alí sorrindo as ocorrencias alleas mentres tomabas a túa bóla de xeado, o meu desexo oscilaba entre darche a morder a miña queixada para que a abocases ben cos teus dentes perfectamente aliñados ou que te dedicases a lamber lentamente o meu colo coa túa lingua xeada.

2 comentários:

matrioska_verde disse...

E DIGO EU, ¿por qué tés que escoller?

mellor as dúas cousas, non?

bicos.

Paz Zeltia disse...

si, aldabra... pero non Á VEZ!!!!

:-)

ese desexo que se dispara cando menos se espera!
... e tira a dar?