Páxinas

2011/08/15

Jesús del Pozo (1946-2011)


Morreu Jesús del Pozo, un dos grandes artistas da moda en España. 
Coma outros deseñadores de roupa ou de xoias e ultimamente tamén figuras do deporte e do cine, sumou á súa oferta de produtos asociados e de prestixio os perfumes.
No ámbito da perfumería feminina, no ano 1992 principiou con Duende, que logo xa se había de converter nun clásico.

Catro anos despois seguiulle Esencia de Duende.


En 1997 Halloween, cun enfoque moito máis fresco axiña se fixo a máis recoñecible das súas fragrancias.

Logo habían de vir variacións ata que en setembro de 2010, saía ao mercado a derradeira das súas creacións, Ámbar, con ese medallón tan característico e esa imitación en cristal das formas arredondadas do ámbar natural non é para todos os días, senón para cando procuras que a túa pel exhale un olor determinado e especial. Gardareino como un talismán, como facían os fenicios.



4 comentários:

zeltia disse...

morreu o creador da túa fragancia>?

nós morremos, pero os obxectos e a descubertas perduran.
[probablemente teñas ámbar para sempre]

Peke disse...

Síntoo polo seu aroma.
Eu vino en Madrid hai moitos anos e quedei coma se vise unha especie de deus. Xa sabe o que ocorre coa xente famosa.

fisiologus disse...

¡Vaya, cómo rebrota la Selva!
Tienes buen gusto con los aromas: aún me quedan unas gotas del que me regalaste.
Espero que estos brotes den frondosidad y buenos frutos, como siempre.

X disse...

Ben, non é exactamente a miña fragrancia, si dunha delas.
Si, Peke, a xente famosa ás veces exerce unha especie de fascinación atraente pracenteira e fugaz.
A ver se a Selva rebrota no outono!
Saúdos aos tres.