Páxinas

2011/08/03

Débedas

Imaxe de Altermundo (algo moito máis importante que esta entrada).

Querid@s paseantes da Selva, téño por aí débedas pendentes con algúns e algunhas de vostedes, só quería manifestarlles que de momento non me vou declarar en quebra técnica e teño a firme vontade de me ir poñendo ao día nos pagamentos. Agradézolles a súa inmensa xenerosidade de non caer na usura de me aplicar uns xuros impagables que aínda me habían afundir máis nesta crise blogueira.

PD: Iso non quita que calquera día precise ser rescatada e resérvome o dereito a, se for o caso, pedir axuda e que me lamban as feridas.

6 comentários:

zeltia disse...

Como a min non me debes nada, debes confiar en que o meu rescate será completamente desinteresado, únicamente polo placer de pasar por aquí e ver que hai!

paideleo disse...

Outro que pasa por aquí polo simple pracer de topar algo novo.

Aldabra disse...

se hai que curar algunha ferida, conta conmigo, aínda teño na casa apósitos dos que lle puxen a Congo na súa ferida da hernia... así que xa sabes.

biquiños,

La queue bleue disse...

:-) Ánimo, nom hai que desesperar, eu estou mais ou menos numha dessas de firmes propósitos tamém. E sempre tes cousas interessantes.

Bandini disse...

yo soy uno de esos que gasta todo lo que encuentra para intentar ser feliz, o por lo menos pasarlo bien.
y no estoy dispuesto a arrepentirme, no me seduce el paraíso de los ahorradores. ahorrar es una estafa.

salud

X disse...

Con paseantes así, dá gusto, grazas e saúdos.