Páxinas

2011/08/01

Elena Gago (1940-2011)


Hai un par de días enterraban a Elena Gago no cemiterio coruñés de San Amaro. Vin nos papeis unha fotografía dunha caixa fúnebre seguida de non demasiada xente. Pareceume unha tremenda inxustiza vital, Elena Gago debería ter sido trasladada nun dos fermosos sofás que trazaron os seus pinceis.
Nunca tiven a oportunidade de coñecela persoalmente, nin sequera de vela de lonxe, mais hai bastantes anos que ao ver un dos seus cadros xa quedei atrapada por eses espazos íntimos, harmónicos, sinxelos, suxestivos e asemade tan cheos de ausencias.
Déixolles unhas cantas mostras desta autora procedentes da Colección Caixanova e da Colección de Arte da Fundación María José Jove.









9 comentários:

Peke disse...

Moi suxestivos estes cadros.

Aldabra disse...

pois eu non a coñecía, pero nunca é tarde... a verdade é que estes cadros que deixa no post, encántanme.

biquiños,

Kaplan disse...

Tampouco eu a coñecía. Algún dos sofás resulta un pouco desacougante. Celebro que vde siga por aí.

Anônimo disse...

Que podemos dicir dunha pintora que foi comparada con Vermer, Hopper. Excepcional. Cunha obra maravillosa.Pertenece á xeración de artistas galegos que fixeron de ponte entre a vangarda histórica (Maruja Mallo, Julia Minguillón, Colmeiro, Seoane ou Souto) e a renovación dos anos cincuenta e sesenta (María Antonia Dans, Mercedes Ruibal, Victoria da Fonte, Lago Rivera, José María de Labra, Luis Caruncho, Tenreiro ou Alejandro González Pascual).

Anônimo disse...

Eu coñecina, e á parte de ser unha persoa marabillosa, gústame un artigo que titulan:
Elena Gago e a poética dás cousas
http://www.laopinioncoruna.es/opinion/2011/08/07/elena-gago-e-poetica-das-cousas/521303.html

Anônimo disse...

Gran pintora, fermosa muller e marabillosa persoa. Non entendo como o concello da A coruña, a única pintora que fixo dúas ocasións no Kiosko Alfonso, ningunha homenaxe, nin dedicarlle unha rúa ou praza, un lugar especial para ela por favor. Os seus cadros invítannos a reflexionar e pensar. Grazas Elena sempre estarás connosco.

Elena Gago disse...

Fernández-Gago Díaz, Mª Elena
Gago, Elena

Nacimiento
01/01/1940, A Coruña

Actividad
Pintora de estilo realista

Observaciones
Fue su profesora Dolores Díaz Baliño; estudia composición y colorido en la Academia de Bellas Artes de San Fernando.Han escrito sobre su obra, Camilo José Cela y Laureano Álvarez , el poeta José Hierro, Francisco Umbral, la crítica la valora como una de las pintoras más importantes del país. Pinta sobre todo interiores. Su primera exposición es avalada por el gran escritor Álvaro Cunqueiro.
Expone en: Galicia , Madrid, Barcelona, Bruselas, Brasil, Milám, New York a su paso por esta ciudad Emilio González López refleja una crónica especial sobre ella en La Voz de Galicia el 19-11-1981. Gonzáles Garcés publíca sus datos biográficos en la Enciclopedia Gallega.
También expone en Buenos Aires, Tokio, Chicago , Los Ángeles, Caracas, Rio de Janeiro, Berna y Milán. Dentro de España
en: Madrid, Bilbao, La coruña (Kiosco Alfonso), Casa de Galicia en Madrid, y Vigo.


Fernández-Gago Díaz, Mª Elena

Fuente imagen
75 ART (II)

Anônimo disse...

http://estudoslocais.wikispaces.com/Fern%C3%A1ndez-Gago+D%C3%ADaz,+M%C2%AA+Elena

X disse...

Moitas grazas por contribuír ao coñecemento de Elena Gago.