"A cidade ha de ir en ti sempre. […] A vida que aquí perdiches destruíchela en toda a terra." K. Kavafis
2011/11/22
2009/03/01
2009/01/15
2008/12/20
Algo de sentidiño aínda queda
Durante meses esta imaxe proclamou na Selva a denuncia contra o intento dos gobernos europeos de impoñer unha xornada laboral que viría reducir drasticamente o tempo de lecer dos traballadores e traballadoras condenándoos aínda máis a unha vida dedicada case en exclusiva ao mantemento dun sistema económico baseado no consumo desmesurado cunha repartición da riqueza absolutamente inxusta. Dentro deste contexto, alégrame gardar a imaxe porque, algo de sentidiño aínda queda, e esta semana o Parlameno europeo por maioría rexeitou esa reforma laboral.2008/12/05
2008/11/14
2008/10/04
Mapa do desexo
Fleshmap: estudos do desexo é unha páxina interesante e divertida sobre a nosa relación co corpo e o desexo, máis información en Opaco.
2008/06/20
Servando Barreiro
Hoxe recoméndolles unha entrevista de Magago a Servando Barreiro, un rapaz espelido que se dedica a inventar uns aparellos nos que mestura luz e son de formas novidosas. É un visual jockey, non, eu tampouco sabía o que era iso, vén sendo unha versión evolucionada dos pinchadiscos, agora pinchan vídeos combinando imaxes e son con parámetros diferentes aos habituais e fala de ondas de son, de ondas cerebrais, etc. O Ser, como se chama no Fotolog, agora anda por Berlín porque isto xa lle quedou pequeno hai uns anos, pero é mellor que o escoiten nas súas palabras.2008/05/14
Blogues pola lingua
Nace “BLOGUES POLA LINGUA” a rede de blogueiras/os en defensa do Galego.
14 Maio 2008 – 1:38 pm
- Rexeitan os ataques que está a recibir o galego e apostan por estender o uso da lingua galega en Internet.
- Adhírense ao manifesto da Mesa pola Normalización Lingüística e chaman á participación na manifestación do vindeiro domingo 18 de maio en Compostela.
Galiza, 14 de maio de 2008.- No día de hoxe ven de apresentarse publicamente a Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego. O colectivo baixo a denominación de “Blogues pola lingua” (BpL) está impulsado por un grupo promotor formado por seis autoras/es de blogues galegos.
O colectivo nace coa intención de defender e promover a lingua galega dende e na Rede, aproveitando as potencialidades da web 2.0 na que os blogues ocupan un papel destacado. “O nacemento de Blogues pola Lingua é un novo paso na liña do compromiso que ten o blogomillo co noso idioma” sinalan dende a comisión promotora. “Nun momento no que os ataques cara o galego non se disimulan, pensamos que era o intre de dar un paso adiante na defensa do idioma” recalcan.
A respecto da finalidade do colectivo explican que “Apostamos por estender o uso do galego na Rede para convertelo na lingua vehicular das galegas e dos galegos en Internet, conseguilo será un indicador da normalidade que unha inmensa maioría social reclamamos”.
A primeira acción de BpL foi a de lanzar dende o seu blogue (www.bloguespolalingua.blogaliza.org) un manifesto titulado “Na defensa do noso idioma”, e para o que agardan unha gran cantidade de adhesións nos vindeiros días, xa que a poucas horas do seu nacemento afirman ter recibido unha importante cantidade de correos electrónicos de blogueiras/os interesadas/os en apoiar esta iniciativa.
No manifesto indican que rexeitan todos os ataques ao galego especialmente “no caso de entidades que declarándose defensoras dun presunto, mais falaz, bilingüismo incorren en ser de facto unha manifestación do auto-odio”, din textualmente.
No texto chaman á cidadanía galega, e de maneira específica á mocidade, a participar o vindeiro 18 de maio na manifestación nacional convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística. Así mesmo declaran tamén a súa adhesión colectiva ao Manifesto “Polo dereito a vivirmos en galego” de A Mesa pola Normalización Lingüística.
====
(Texto da nota de prensa envíada a todos os meios de comunicación)
2008/04/21
2008/04/16
Premio xornalístico
Amablemente enviáronme ao correo hai unhas semanas información sobre a convocatoria do IV Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores convocado polo concello de Carballo a través do seu Servizo de Normalización Lingüística. Pídolles desculpas polo meu despiste e non ter colaborado antes na difusión do premio e aproveito para enviarlles os meus parabéns por algunhas das iniciativas que están a levar a cabo como o Literactúa.

