Mostrando entradas con la etiqueta Cine. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cine. Mostrar todas las entradas

17/06/08

34’15’’-35’06’’

El cal fera salvaxe atácaa a ela. Vírase brusco, empúrraa contra a parede, as súas mans sostendo as dela no alto, as caras a milímetros, a man dereita baixa percorrendo o corpo ata chegar á coxa, empúrraa cara arriba ata subir a perna por riba da súa cintura, bicos apaixonados. El de camisa e gravata, segue perfectamente vestido. De súpeto para, silencio, míranse, el apártase uns centímetros, respira forte, silencio.
Rómpelle a blusa, sobe o suxeitador, rómpeo, aperta eses peitos mentres a bica. Víraa mentres os arrastra aos dous á outra parede, agora el contra a parede, ela de costas contra el. Xira con brusquidade a cabeza dela procurando a súa boca, a man del explora o ventre dela, a man dela sobre a del explorando o seu propio corpo. Os brazos dela soben, os del rodéana e as súas mans estendidas baixan cara ao pube dela.
Sobe a saia e van aparecendo a braguiña negra dela e as blondas das medias tamén negras. Cun brazo cruzando o peito dela e unha man na súa nádega dereita lévaa ata a butaca.Alí dóbraa, arríncalle o tanga, ela revólvese, tena inmobilizada, cunha man baixa bruscamente o seu pantalón e o seu calzón, e crávase en só dous golpes ata o fondo. E crávase, e crávase, e crávase e morde as costas dela. Come o pescozo, a orella, mentres os dedos tapan a boca dela.
Tombados nun sofá de lado, ela diante, el detrás cunha man sobre o van dela.
E todo en 51 segundos.

[Fotogramas de Instinto Básico]

4/06/08

Las chicas de la lencería

A cousa prometía, entre o tráiler e os premios Las chicas de la lencería parecía unha boa opción e case que ías a tiro fixo. Aldea suíza montañosa, micromundo, vella viúva con depresión pola morte do home decide seguir os consellos dos que a rodean e reaccionar, para iso recupera un soño de mocidade, montar unha tenda de lencería. A partir de aí as reaccións dos diferentes axentes sociais que estruturan o mundo do cosmos-aldea e xa temos a historia montada. Podería ter sido un moi bo filme, o tema permitíao, pero claro, xa se sabe, para unha dirección talentosa calquera tema é bo. E todo iría ben se a protagonista e as súas amigas non derivasen nun grupiño de mulleres tipo xatevinmilveces e todo fose rosarosarosa no peor sentido da palabra. O que vai ocorrer é tan evidente que, se marchas cara ao final, es capaz de contarlle a outro como remata cun centoporcento de acerto. Filme politicamente correctísimo onde os haxa o que xa é incrible é que algúns sectores pretendan vendelo como un produto superfeministaquerachascoapana que anima as mulleres a buscar o seu propio camiño, bla, bla, bla... En fin, unha queda coa rabia de non ter visto esoutro filme que podería ter sido.

Clasificación selvática: 4 (Como aburrirse diante dunha pantalla)

Cine e lectura 03: Juno






Fotogramas do filme Juno, que tamén pasou pola Selva.

27/05/08

Sydney Pollack

Acabo de lelo, morreu Pollack, agora non teño tempo para máis, estou triste.

21/05/08

Cine e lectura 02: Lars and the Real Girl



Fotogramas de Lars and the Real Girl.

Cine e lectura 01: North by Northwest




Fotogramas de North by Northwest.

Lars and the Real Girl

Non vexas Lars and the Real Girl se es dos que cre que unha boneca non pode ter vida.
Luís Galego contáo moito mellor do que o podería facer eu.

Clasificación selvática: 7 (Lémbrame que debería ir máis ao cine)

17/03/08

Días estranhos - 5 anos

O blog de Martín Pawley cumpre cinco anos e faino principiando unha serie de recomendacións literarias de diferentes persoeiros que se abre coa intervención de Agustín Fernández Paz. Parabéns ao autor polo aniversario e pola iniciativa.

1/03/08

Recreando a Hitchcock

A revista Vanity Fair acaba de publicar un cartafol con once fotografías que reproduce con estrelas cinematográficas actuais unha serie de momentos icónicos dos filmes de Alfred Hitchcock. A web da publicación ademais tamén ofrece un pequeno vídeo onde se amosa como se realizaron algunhas das instantáneas. Déixolles aquí tres exemplos.

__________________

Das mans de Julian Broad volvemos a Rebeca, ao Manderley de Rebeca De Winter, onde vemos a segunda señora De Winter (daquela Joan Fontaine e agora Keira Knightley) e a súa terrorificamente fiel ama de chaves, Mrs. Danvers (noutrora Judith Anderson e para esta ocasión Jennifer Jason Leigh).



__________________




__________________

Art Streiber fai que George Kaplan (antes Cary Grant, agora Seth Rogen) fuxa de novo en North by Northwest.

27/02/08

O poder dunha carta

"Non hai que subestimar o poder dunha carta ben escrita."

Fotografía de Kathy Baker.
Vía Conociendo a Jane Austen.
Vía Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

20/02/08

Juno

Unha déixase liar e claro, acaba vendo as pelis que outros lle recomendan.
Se alguén me falase dun filme dunha rapaza de dezaseis anos que queda preñada e vai abortar e sae da clínica sen facelo por algo que lle din, etc. que non lles conto máis que senón perde o chiste, pois ben, se me dixesen todo isto, a priori, como que fuxiría de velo, pero el só dixo:

"teño tempo [...] para ver filmes divertidos e ben escrtios, como a fermosa Juno. Cen por cen recomendable."
E acertou :-)

Vía From Hell.

30/12/07

Síndrome de abstinencia

Onte era día de feira no macroenxame de morte. Á entrada unha ducia de androides están recibindo ás présas a súa dose de soma. Carreira sen prolegómenos á calor abafante esquivándoos, coma se non existisen. Atraveso a feira en equilibrio aséptico seguindo unha liña de cor trazada no chan para que os da nosa caste non nos perdamos ou decidamos fuxir correndo... Unha muller nova ao meu carón descolga o móbil, "mentres non desperte non nos poden decir nada, nin saben se as secuelas serán de moita gravedad ou non, si, si, xa o sei, o ciruxano dixo que ao ser un rapaz novo, si, que ao ter catorce anos iso axudaba moito"... Nunha sala de espera, calor abafante.
De volta ao aire frío da noite inspiro a bocanada de soma dun extraño e entro en sídrome aguda de abstinencia. Fuxo.
Si, é certo, conservo dúas doses, gárdoas para cando ti te chames Jerry e eu Charlotte, gárdoas para que as prendas con estilo mentres eu che digo aquilo de "non pidamos a lúa, xa temos as estrelas".

Centenario de Bette Davis

O servizo postal estadounidense homenaxea deste xeito á grande loba no centenario do seu nacemento (1908-2008).

14/12/07

O TACTO

4/12/07

La clave reserva


Alfred Scorsese
Ummm, que gustazo!!!!!

22/11/07

Campaña de animación á lectura 34

Fotografías dun lector aplicado ata o final.




















































































5/08/07

Marilyn

[Fotografía de Elliott Erwitt]

Xa pasaron 45 anos desde a súa morte (suicidio/asasinato), case medio século despois e aínda segue aí dandonos leccións de erotismo.

31/07/07

Lumes

As malas linguas din que el está contento, hai menos incendios que o ano pasado, debe ser que para as estatísticas da consellería non contan outros lumes.

5/07/07

100 anos de cine USA


Hai tempo atopei en Mensaxe nunha botella este vídeo que resume en imaxes 100 anos de cine norteamericano.
E ti cantos filmes recoñeces?
Advertencia: É moi, moi, moi adictivo.
Aquí a listaxe de todos os que saen.

4/07/07

Film lovers will love this!


A montaxe publicada pola UE na súa canle de Youtube para apoiar o cine europeo tampouco é nada extraordinario publicitariamente falando, pero visto que ultimamente hai tanto mexericas con ganas de criticar unha vese na obriga moral de aplaudir unha iniciativa que de principio lle parecería bastante mediocre.