Páxinas

2011/05/20

Indignádevos!


[...] sigamos clamando por «unha auténtica insurrección pacífica contra os medios de comunicación de masas que tan só propoñen como horizonte para a nosa mocidade o consumo masivo, o desprezo aos máis débiles e á cultura, a amnesia xeneralizada e a competición a ferro de todos contra todos».
A todas e todos os que farán o século XXI, dicímoslles con afecto:
«CREAR É RESITIR.
RESISTIR É CREAR».
Con este fragmento remata Indignádevos!, a obra de Stéphane Hessel que inspira o movemento dos indignad@s que medra nas rúas. Como sabiamente indica Manuel Rivas no estupendo prólogo, “Indignádevos! é un non que dá paso a un si”.



Esta fabulosa viñeta de El Roto, que copio do novo tobo de Róbinson, resume perfectamente o lamentable espectáculo que están a ofrecer os partidos maioritarios no Estado no seu non saber escoitar. Mais non comparto a petición de abstención nas eleccións porque segundo o sistema electoral vixente iso só beneficiaría os partidos que levan a cabo as políticas que se están a criticar.

Gustaríame que este movemento medrase, que non marchase o domingo cada un para a súa casa como se isto só fosen unhas colonias de verán, que RESISTISE.

Live Broadcast by Ustream.TV

3 comentários:

Bolboreteira disse...

Eu tamén espero que resista máis a ló do domingo, porque ainda queda moito por facer e agora que algo se empezou a mover hai que continualo.
Apertas!

Chousa da Alcandra disse...

Todos desexamos moita resistencia revolucionaria. Pero temos o cu moi quentiño no noso sofá (cada cal no seu...)

matrioska_verde disse...

pois o teu gusto foi cumprido.
biquiños,