"A cidade ha de ir en ti sempre. […] A vida que aquí perdiches destruíchela en toda a terra." K. Kavafis
2016/08/26
O cliente
Kajol, nin sequera sabe a súa idade, talvez 17 porque cre que tiña 8 anos cando a casaron. Ese home que a rodea cos brazos non é o seu avó, nin o seu pai, nin sequera o seu marido, podería selo pero non o é, el é o cliente do prostíbulo de Bangladesh onde "sobrevive".
O cliente ten moitas caras, olores e tactos pero sempre é quen paga, non a ela, pero paga. O diñeiro dálle dereito a ser compracido debidamente porque el sempre ten a razón, sen el non hai negocio, si, el é o culpable, o cliente.
Vía Sandra Hoyn..
2016/08/16
Coincidencias
A mesma funcionaria que grampou a túa foto e mais a miña no libro de familia, hoxe retratou a túa violencia no meu corpo para a foto da denuncia.
2012/11/14
2011/11/22
2010/10/27
A REVISTA RETRANCA "SECUESTRADA" POLA IMPRENTA
2010/08/05
15 días contigo
Pero o que a fai diferente é que non se rende e non renuncia a saír do mundo dos invisibles nin á felicididade aínda que sexa metida nun cubo camiño do campo.
Este filme fainos remover, é tenro, fermoso e ao mesmo tempo incómodo, desacóuganos, violéntanos oír nas palabras de Isabel todo aquilo que ela envexa e do que nos gozamos sen nos decatar. Fáisenos incómodo sentir que hai moitas "normalidades", sentilo que non sabelo, que saber xa o sabemos, pero dóenos sentir que a súa non pode entrar nun cine se non é de balde mentres nos baixamos no portátil para o disco externo o ripeado que toca.
Para non perderse esta primeira longametraxe de Jesús Ponce.
15 días contigo (2005)
Clasificación selvática: 8 (Tes que vela)
2010/05/03
2010/01/19
o 21 FOLGA e todos a COMPOSTELA
2009/11/25
2009/09/28
O caso Polanski e a dobre moral

Polanski foi acusado de violación a unha menor tras uso de drogas, perversión e sodomía. Tras unha negociación co fiscal Polanski recoñeceu a súa culpabilidade dun cargo menor, o de ter relacións sexuais ilícitas cunha menor. Grazas a isto foi condenado en primeiro lugar a un período de reclusión de 90 días para lle realizar unha análise psiquiátrica que axudase ao xuíz a que determinase a sentenza final. Nese período concédeselle un permiso e foxe do país. Anos despois a agredida retira os cargos. Cambia iso os feitos?
Sempre e cando se respecte a legalidade estarei pola busca internacional de todos aqueles que cometen calquera tipo de delicto porque creo firmemente no proxecto dunha xustiza planetaria que non dea acubillo a quen non o merece.
2009/05/17
Día das Letras Galegas 2009
Na lingua da súa terra
Non sabe o que ten de seu
Nin é merecente dela.
2009/02/09
GÚSTANNOS OS NEOFALANTES DO GALEGO

Todo comezou cando vin en Vieiros un dedo inquisitorial acusando a unha muller de NEOFALANTE. Todo iría ben se ese dedo apuntase a ela como modelo que se debería seguir para a normalización da nosa lingua, mais non, o que pretendía era denunciar o cambio lingüístico para o galego.
O caso é que o dedo unido a unha ferramenta de Facebook que che permite crear grupos deu en GÚSTANNOS OS NEOFALANTES DO GALEGO. As persoas pertencentes a este grupo declaramos que nos gustan os neofalantes, e comprometémonos a acoller con espírito fraternal a calquera que se queira animar a usar a nosa lingua. Creeino o 4 de febreiro de 2009, e cinco días despois xa conta con 187 persoas.
Agora hai aberta unha discusión iniciada por unha suxestión de Olga Patiño sobre canto se pode considerar que dura a condición de neofalante.
Convido desde a Selva a cantos por aquí paseades a formar parte desta iniciativa que agora comeza.
2009/01/15
2008/12/20
Algo de sentidiño aínda queda
Durante meses esta imaxe proclamou na Selva a denuncia contra o intento dos gobernos europeos de impoñer unha xornada laboral que viría reducir drasticamente o tempo de lecer dos traballadores e traballadoras condenándoos aínda máis a unha vida dedicada case en exclusiva ao mantemento dun sistema económico baseado no consumo desmesurado cunha repartición da riqueza absolutamente inxusta. Dentro deste contexto, alégrame gardar a imaxe porque, algo de sentidiño aínda queda, e esta semana o Parlameno europeo por maioría rexeitou esa reforma laboral.2008/12/10
2008/12/01
2008/11/25
2008/11/24
2008/11/17
Gomorra

Clasificación selvática: 8 (Tes que vela).
















