Páxinas

2009/02/09

GÚSTANNOS OS NEOFALANTES DO GALEGO

e as NEOFALANTAS tamén :)


Pois si, ademais de entrar no asunto, collinlle gusto e montei un grupo.
Todo comezou cando vin en Vieiros un dedo inquisitorial acusando a unha muller de NEOFALANTE. Todo iría ben se ese dedo apuntase a ela como modelo que se debería seguir para a normalización da nosa lingua, mais non, o que pretendía era denunciar o cambio lingüístico para o galego.
O caso é que o dedo unido a unha ferramenta de Facebook que che permite crear grupos deu en GÚSTANNOS OS NEOFALANTES DO GALEGO. As persoas pertencentes a este grupo declaramos que nos gustan os neofalantes, e comprometémonos a acoller con espírito fraternal a calquera que se queira animar a usar a nosa lingua. Creeino o 4 de febreiro de 2009, e cinco días despois xa conta con 187 persoas.
Agora hai aberta unha discusión iniciada por unha suxestión de Olga Patiño sobre canto se pode considerar que dura a condición de neofalante.
Convido desde a Selva a cantos por aquí paseades a formar parte desta iniciativa que agora comeza.

13 comentários:

Danilo disse...

Eu, urbanita de min, e de familia (á moita honra) estremeña, tomei a decisión de falar galego na adolescencia. Hoxe, uns 17 ou 18 anos despois sigo a considerarme un neofalante, e coido que o serei sempre. Sei que a miña forma de empregar a lingua, aínda que fixen dela a miña "profesión" ten algunha eiva en certos usos.

O que é neofalante o é para sempre, pero, ademais de neofalante, tamén é falante de galego.

bandini disse...

buena iniciativa, que tenga mucho éxito.
y que los inquisidores se metan el dedo por el derecho de admisión.

Clara disse...

Eu tamen son neofalante, e tamen tiven que leer algunhas faltadas en foros nacionalistas. Graciñas pola acollida.

peke disse...

Non acabo de entender esa manía pola suposta pureza de raíces. Eu fun neofalante e sigo séndoo supoño porque tamén un día decidín falar galego e facer diso a miña profesión. E que? De quen ten que acusarme ninguén? De que a miña familia fose castelán falante? Que abusrdo!

From Hell disse...

eu creo que son neosilencioso... pero alégrome pola iniciativa.
saúde

paideleo disse...

Unha boa iniciativa xa que os neofalantes son unha porcentaxe importante de falantes que farán perdurar o galego.

Doutora Seymour disse...

É unha gran iniciativa. Farta ver como hai amantes do seu idioma que de tan posesivos case (on sen case) fan lembrar o dito de: antes morta que de outro, ou aquel de : ou miña ou de ninguén.

vakastolas disse...

Eu apúntome! E habería que abrir un grupo "a lingua é do pobo, non dos políticos".

Xosé M. González disse...

Ao ler que alguén desprezara ou minusvalorara a condición neofalante, primeiro, quedei sorprendido; despois -colixindo se se sería cousa de nacionalistas- vin asociada unha semántica non ofensiva da palabra 'imbécil'. Premín, vin que era cousa da Corina Porro e perdeume toda a importancia.

Os neofalantes son un tesouro que salva.

vermella disse...

como diría miña avoa que ghuapiños estarían algúns/as caladiños.moi boa inicitiva eu tamén fun neo-falante porque cantos anos hai que ter de fala para deixar de ser neo????

X disse...

Grazas a tod@s polos comentarios, son moi gratificantes as súas visitas.
Eu tampouco sei cando un deixa de ser neofalante, quizais no momento mesmo en que comeza a falar. Isto é como preguntarlle a alguén cando se deixa de nacer, nácese cada día un pouco.
Aproveito para lles dar a benvida á Selva a Vermella, Xosé M. González, Clara e Danilo.

A Conxurada disse...

Eu como neofalante agradézocho. A verdade que ás veces dame a sensación de que teño que pedir disculpas por selo...non sei que normalización pretenden algúns.

X disse...

As linguas só se aprenden usándoas e moitas veces aqueles que contan con mellor e maior formación lingüística son os primeiros en carecer dunha mínima sensibilidade sociolingüística. E así nos vai!
Todos os falantes viaxamos en primeira clase, a diferenza é que algúns tardamos máis en desfacer as maletas e converter o camarote na nosa casa.
Saúdos Conxurada, ánimo e non consinta que ninguén a minusvalore como falante.