Páxinas

2006/07/27

Patio de veciños


Hai pouco máis dun mes algúns habitantes do blogomillo me dicían que isto non era a terra prometida da rede de redes, que a grande arañeira era unha quimeira, que máis ben era unha aldea. Pois non, nin aldea é, isto ás veces parécese máis a un patio de veciños.
Hoxe asomei a cabeza e vin un lugar pequecho e escuro. Era un patio de ollos asexantes agachados tras das cortinas. Era un patio de veciños cheo de olores de fogares alleos que non son o noso, olores rancios que penetran na roupa tendida que logo teremos de poñer sobre o corpo, nas sabas nas que logo apoiaremos o rostro. Nesta xornada o ceo estaba cuberto, non deixaba que a luz entrase polo patio abaixo e o oco tiña unha cor triste, o gris dos anos cincuenta.

Pura Vázquez in memoriam


"Guindar as vestiduras nun universo azul e sentir como a pel é a pura perfección, que o corpo é un anxo doce que nos ata no gozo. No hemisferio amoroso da festa dos que se aman, no país da caricia e da celeste carne."

2006/07/26

Estratexia


Adiantou o primeiro peón, gustoume telo aí diante e aceptei o convite. Non pode xogar sen máis, só polo pracer de facelo. Quere gañar. Tense por un grande estratega e as súas palabras anuncian que a batalla ha de ser peza a peza. Os dous sabemos que para nós non haberá un final en táboas.

Pretty man?


O capítulo de onte de Queer as folk era unha mala versión homosexual de Pretty woman?
A imaxe de dous lobos ridículos mirándose ameazadoramente na mesa do Babylon era imaxinación miña?
E aínda así segue a gustarme?

Sabinista

A raíz dun post de Náufrago recupero a Sabina para min, que xa hai uns meses que non o visitaba.

...descubrí que hay amores eternos
que duran lo que dura un corto invierno
.

[Joaquín Sabina: Amores eternos en Hotel, dulce hotel]

powered by ODEO

2006/07/25

Día da Patria 2006



[Pídolle desculpas a quen corresponda porque cando copiei hai uns días esta imaxe esquecín apuntar a fonte]

2006/07/22

11 Letras

Hoxe aprendín unha nova palabra,
once letras para reinterpretar todo.

Deberes

Unha que é moi mandadiña, fai os deberes postos polo señor Kaplan.

O. Que hora é? As 02.14 AM.
1. Nome Completo: X, con iso abonda.
2. Alcumes? Ningún que eu saiba.
3. Por quen che puxeron o nome? Por miña avoa.
4. Signo Zodiacal: Aries, Abeleira no horóscopo celta, Xofre no horóscopo alquímico, Flor no horóscopo azteca e Galo no horóscopo chinés (hai que ver o que aprendo con este test).
5. Tatuaxes: Non.
6. Amaches tanto a alguén como para chorar? Afortunadamente, si.
7. Estiveches nun choque de coches? Si.
9. O vaso, meio cheo ou meio vacio? Normalmente medio cheo.
10. Cor favorita de roupa interior: Negra, por suposto.
11. Número favorito: O 8, o 88, o 888 e senón, en xeral, os números pares.
12. Cor favorita: Vermella (se falamos de cores en abstracto).
13. Supersticiosa? Hai un par de romerías ás que non falto, fóra diso, non.
14. Tipo de música de preferéncia: uffffff, un pouco de todo sempre que non sexa demasiado ruidosa.
16. Flor: Os tulipáns, as papoulas, os lirios...
17. Última visita ao hospital? Hai un par de meses.
18. Como te ves en dez anos? Non quero pensar niso.
19. Que cambiarías da túa vida? Demasiado íntimo para confesalo aquí.
20. O primeiro que pensas ao espertar: Que cedo é!
21. Que hai na parede do teu cuarto? En cal delas? Nunha de las un cadro dun pintor galego.
22. Persoa que talvez non conteste este post: Calquera das que me rodean.
23. Persoa que seguro responde: Nin idea.
24. Quen che gustaria que respondese? Tal vez ti que me les.
Son as 02.37, cérranseme os ollos, mañá máis.
Son as 10.46, continúo.
25. Que lle dirias a alguén e non te atreves? O que un non ten forzas para dicir ao mellor non debe ser dito nunca.
26. Deporte favorito: Non me vai moito iso dos deportes.
27. Tímida ou extravertida? Extra para todos os días.
29. Gusta-che ler? Xa perdín o criterio.
30. Falas algun idioma? Ás veces creo que falo sueco ou swahili.
31. Pasatempo favorito: Un crebacabezas.
32. Praia ou montaña? Mar, non necesariamente praia.
33. Coleccionas algo: Paso a vida coleccionando (espero que non se convirta nunha patoloxía perigosa, aínda que nese caso sei que podo confiar en House).
34. Tes algunha fóbia? Os bichos pequenos, réptiles e demais non son moi do meu agrado.
35. Cando foi a última vez que choraches? Hai dous días.
36. Gusta-che a tua letra? Non, é horrorosa.
37. O pan gusta-che con que? A min tamén me gusta con todo, e tamén me debería estar vedado.
38. Sendo outro, serías o teu amigo? Non, bateríamos demasiado.
39. Tes un diario de vida? Houbo épocas moi pretéritas en que si, cando comezou a conter cousas que temía que atopasen outros deixou de existir. Agora mesmo ese papel creo que en certa maneira o ten asumido o blog.
40. Es sarcástica? Non.
41. Saltarías en bungee (puenting)? Nunca.
42. Cereal preferido? Aquí copio: O que foi moído, amasado e cocido: o pan.
43. Desatas os zapatos ao sacá-los? Só se se me resisten moito.
44. Cres que es forte? Xa o crin máis.
45. O teu xelado favorito? Cucurucho de nata e chocolate.
46. Canto calzas? Un 39.
47. Roxo ou Rosa? Falamos de poderes ou de cores?
48. O que menos che gusta de ti? Os medos.
49. XXXXXXXX
50. Onde vai a pregunta 50?
51. A cor de pantalón e zapatos que tes postos? Agora mesmo ningunha.
52. O último que comiches hoxe? Pan con queixo.
53. Que estás a escuitar neste momento? Unha banda sonora.
54. A última persoa coa que falaches por teléfono? Un tipo ineficiente dunha empresa de mensaxería.
55. Trago favorito? Pippermint con moito xeo.
56. Deporte favorito para ver por tv? Patinaxe artística (moi feminino hehehe).
57. Comida favorita? As caseiras, asados, guisos, callos, caldo, patacas fritas con bisté...
58. Película de terror ou final feliz? Non me gustan as películas de terror.
59. XXXXXXXX
60. Día favorito do ano? O sanxoán.
61. Inverno ou verao? Inverno, inverno, inverno.
62. Bicos ou abrazos? Os dous e ao mesmo tempo.
63. Sobremesa preferida? Un amor e un cigarro.
64. Onde é o máis lonxe que estiveches da tua casa? Berna.
65. Estiveches namorado algunha vez? Si, xúroo.
66. Arrependeches-te algunha vez dalgo? Moitísimas.
67. Cor de ollos preferida: Preferencia abstracta polos ollos escuros... aínda que o importante é que me digan algo... se me din o que quero ver como se son a lunares.
68. Nome de rapaz e rapaza favorito: Moitos.
69. Fumas? De pensamento, si.
70. Condóns de laranxa ou limón? Prefiro os de coco.
71. Sexo con amor ou sexo con morbo? SEXO.
72. Usas algunha muletilla? Bueno, vale, si, si, vexamos, si, vale, guai...
73. Tes algo pendente de facer? Teño listas de cousas que quero facer.
74. Un momento especial na tua vida: O día que decidín crear este blog.
75. XXXXXXXX
76. Que hora é agora? As 06.02 PM.

Caligrafía do odio


Nena xudía escribindo unha mensaxe sobre un mísil que será lanzado sobre O Líbano. Cédolle a miña palabra ao autor de Desorde:

"Para min supón o colmo da perversidade, garanten o odio durante dúas xeracións máis. Pódense lanzar bombas e cometer crimes pero a perversión do futuro non ten perdón."


2006/07/19

Labirinto


Ás veces non nos atopamos, estamos aí, atentos, pendentes, pero perdémonos un do outro no labirinto. Perdes o novelo de fío, e calas. O silencio ergue novas paredes que multiplican o labirinto. E logo calo eu, temendo que prefiras renderte. Aínda así, escoitamos ecoar os nosos pasos, e as pisadas oriéntannos, avanzamos, cústanos, pero ao final, sempre pode a vontade de nos atopar e chega o encontro.
[Simon & Garfunkel - Sounds of silence]

Brian

Que facemos con el...
querémolo...
ou...
...odiámolo?

2006/07/18

Non podo nin quero esquecer

Meu pai non tería sido dobremente orfo, do asasinado na beira do camiño e da muller que tivo que emigrar para poder manter os tres fillos. E, quen sabe, ao mellor se se criase ao carón de seus pais tampouco lle tería pasado todo o que aconteceu despois, quen sabe...
Non podo nin quero esquecer porque para facelo precisaría encher o oco cos aloumiños e contos do avó que non me deixaron ter.
[Neste post non hai foto porque non hai nin o camiño, nin o corpo en ningún cemiterio.]

Rendición


Nada que facer, só queda rendirse á forza da calor.

Xeografía Galega III: As Rías Baixas

Colgo o terceiro capítulo da serie documental que ofrece de balde a canle de televisión do portal Cultura Galega.

2006/07/17

Non sei, non sei


Lobo volveu ao cubil, viranlle moi ben os aloumiños e a terra aberta, aínda que é tan mecoso que...non sei, non sei

Plashhhh


Isto é o que querería facer, a falta doutra cousa, confórmome con miralo a el.

[Fotografía de Andrija Kasom: The jump]

Adopcións


No verán, ademais das duchas refrescantes, tamén se producen problemas como os dos animais abandonados. Como teño lido nalgúns blogs intencións de adoptar ou regalar animais de compañía, quero dar conta da iniciativa do blog En busca de una segunda oportunidad, que ofrece información detallada sobre o tema, e de paso déixovos esta foto de Olga que, ao mellor, aínda non foi adoptada.

2006/07/16

2006/07/15

Cuestión de educación

O xornal Galicia-Hoxe publica unha noticia na que analiza os resultados dunha enquisa sobre Educación Sexual e Hábitos Sexuais dos Galegos levada a cabo pola Sociedade Galega de Sexoloxía. O estudo realizouse entre os meses de outubro e decembro de 2005 con 300 persoas adultas de ambos os sexos.
O texto salienta catro resultados:
a) O 53,7% dos homes galegos decláranse insatisfeitos coas súas relacións sexuais.
b) O 35,6% manifestan moi pouco desexo sexual.
c) O 15,9% dos homes decláranse incapaces de alcanzar un orgasmo.
d) Un 7,7% dos enquisados non aceptaría ter un fillo homosexual.
O primeiro que chama a atención da análise deste xornal é a ausencia das mulleres, non deben considerar tan importante o grao de insatisfación feminina coma o masculino.
Mais, deixando de lado as primeiras tres cifras, que tamén darían para moito falar, o que me leva a escribir este post e ese último dato que a noticia inclúe para completar parágrafo sen a máis mínima análise.
Un 7,7% dos enquisados non aceptaría un fillo homosexual, realmente é un dato terrible, porque diso a xente non se opera, nin hai aparellos alongadores específicos, nin cremas milagreiras, nin é motivo para baixa psiquiátrica. Supoño que é unha cuestión de educación, da educación que nos falta.

Infidelidade cinematográfica


O único mérito deste filme é reunir un feixe de tópicos, que non por tópicos son menos certos, ao redor dunhas cantas mulleres convertidas en personaxes planas que, mesmo en momentos supostamente tráxicos, producen en nós un sorriso de patética condescendencia.

O que hoxe necesito

O que hoxe necesito é durmir rodeada de amorsenreservas e notar que non me solta.

Alguén me pode dicir

Leco ofrécenos esta iniciativa que creo que pode resultar moi interesante e proveitosa para todos.

________________

Quixo a casualidade que mentres escribía isto, ao ir buscar o link atopase outra cousa.
Unha grande aperta para papa pelacho e toda a súa familia.

Peles


Non es un lobo con pel de ovella pero tampouco queiras ser unha ovella con pel de lobo.

2006/07/12

Farol


Foi divertido o xogo mentres puiden manterlle o pulso entre o que vostede imaxinaba e o que os dous sabiamos. Chegados a este punto, doulle a man por gañada, non ensinarei as miñas cartas e deixarei que crea que todo foi un farol.
Acabarei o cigarro, erguereime a marcharei, non quero estar aquí cando mañá lle diga a alguén ao outro lado do teléfono: I knew she was bluffing when she started to smile.

[Marlango: Semilla negra]

powered by ODEO

2006/07/11

Adega e ti

A asociación ecoloxista Adega reclama que a xestión do lobo atenda a criterios científicos e de xustiza social e realiza unha serie de achegas ao Plan de Xestión do Lobo con esta finalidade.
Detívenme especialmente na 9 e na 10.
9. Posibilidade de control con capturas en vivo. (Non di nada ao respecto, fágome cargo.)
10. Creación dun centro de interpretación. (Non di nada dos teus sorrisos pequenos agachando os dentes, nin desa túa teima, nin de como quitarcha...)
Entendo que todo sería moito máis doado se tivese estado alí, agora tería un roteiro, pero daquela os lobos eran outros.

2006/07/10

Xeografía Galega II: As Terras do Ulla

Colgo o segundo capítulo da serie documental que ofrece de balde a canle de televisión do portal Cultura Galega.

Obxectos de luxo I


A autosuficiente columnista Maureen Dowd vén de dicir nunha entrevista que os homes, unha vez que sexan innecesarios para a reprodución, se van converter en obxectos de luxo como o xeado ou o chocolate.
Apuntei na miña axenda de choros pendentes:
- Pranto desconsolado polas mulleres pobres do futuro.

2006/07/09

O xogo do lobo


O xogo do lobo. Diálogo entre o lobo e outro:
—Que fas aí, Marica?
—Tou amasando.
—Que fas aí, Marica?
—Tou botando no pan.
—Que fas aí, Marica?
—Tou sacando o pan.
—E o meu bolo?
—Na boca do lobo.
En dicindo isto botan todos a correr; e o lobo corre tras deles ata que colle a algún que pasa a facer de lobo.

[Adaptado de Galicia Encantada]

2006/07/08

Fanta


Cando te vexo coller o vaso de cartón do asento e beber da miña Fanta faime graza, penso que é froito da túa abstracción polo filme. Desculpas educadas e sorriso.
Dúas semanas despois estás á miña esquerda ofrecéndome un vaso xigante de Fanta de laranxa. Agradecementos e dobre ración de sorrisos.
Á cuarta coincidencia sinto os teus dedos mollados no mar laranxa a explorar a miña boca.
Oito semanas e xa non me importa cal é a película, só verte aparecer cos dous vasos nas mans. Isto debería ser unha metrópole calquera e ti e mais eu habitantes perdéndose a tarde toda nun cine de sesión continua.
E un día sen sede borboriñaches ao meu oído o THE END.
[Twentieth Century Fox Trailer]


powered by ODEO

2006/07/07

Xeografía Galega I: O Arco Ártabro

Colgo o primeiro capítulo da serie documental que ofrece de balde a canle de televisión do portal Cultura Galega.

O señor da guerra

Andrew Niccol no filme O señor da guerra dános unha visión diferente á que estamos afeitos do mundo do contrabando de armas e do seu papel no ámbito da política internacional. Sen dúbida unha película moi interesante, intensa, directa, e asemade revulsiva.
Nicolas Cage adorable e unha banda sonora (Antonio Pinto, A.R. Rahman) que apetece escoitar fóra do filme.

powered by ODEO

2006/07/05

Ai, lobo, canto sabes!

Os días son intensos ao carón do lobo, desde as eclipses de sol ata a súa camisiña nova, pasando polos seus círculos ou o bocado inmenso da cea. Lobo sorrí mais non deixa ver os dentes. Son días de cambio estacional na climatoloxía de lobo, xornadas de claros, nubes, lóstregos e entre eles raiolas a colárense no medio das tormentas. Son intermedios entre as súas horas, ritmos imposibles de manter. Lobo ensina a patiña, quere aloumiños antes da guerra. Ai, lobo, canto sabes!

Para nada


Recomendo o post de Pawley titulado Matáronos para nada. Neste texto, partindo dunhas declaracións de Aznar, ofrece unha interesante reflexión sobre a funcionalidade e o sentido do sufrimento.
[Pintura: Miguel Anxo. O martirio de San Pedro (1546-60)]
[Música: Calvario Semana Santa en Sevilla]

Os avisos da morte

Un rapaz encontrouse coa morte unha vez, e fixéronse moi amigos. Entonces o rapaz díxolle á morte que, xa que eran amigos, que lle ía pedir un favor: que o avisase antes de ir por el, que así se podería divertir mellor. A morte prometeulle ao rapaz que así o faría.Despedíronse, e pasaron moitos anos sen que o rapaz recibise ningún aviso da morte. Pero un día presentouse a morte diante do rapaz, que agora xa ía indo vello, e díxolle que viña por el. O home, todo asustado, díxolle que iso non era o pactado, que quedara de avisalo con tempo, e que estas non eran palabras. A morte contestoulle:
-Branqueouche o pelo?
-Branqueou -contestou o home.
-Caéronche os dentes?
-Caeron.
-Cansáronseche as pernas?
-Cansaron.
-Perdiches as forzas?
-Perdín.
[Conto popular galego da provincia de Lugo]

Plaxiando

Non te fíes de quen manifeste sorpresa.


[Manet Edouard. Ninfa sorpresa. 1861]

2006/07/02

Ti, Lobo

Ás veces, o mellor nome das cousas é aquel que non lles damos, tamén para nós, que falamos sen trampas.
Por momentos síntote alancar pretendendo chegar ás carreiras non sei moi ben onde. Noutras ocasións semellas un vello fidalgo coa sabedoría que só dá a idade, sentado na solaina do pazo, ollando o horizonte dourado dun outono crepuscular, sabendo que o que teña de vir, virá. E só moi de raro en raro pero non con menos claridade, recoñézote lobo.
Mágoa que xa me vaia aló o tempo de xogarmos ás carapuchiñas vermellas.

2006/07/01

Non estou feito para ser amado

Ao final, como no tango, todo é cuestión de saber levar, de deixarse levar, de escoitar o que o outro che di sen palabras.
[Filme de Stéphane Brizé: Je ne suis pas là pour être aimé. 2004]
[Carlos Gardel: Tango perfume de mujer]

powered by ODEO

O que eles necesitan II

Miguel di que eles necesitan aclararse. Miquel condena a todos os homes homosexuais enfundados en parellas heterosexuais, incluídos EO e OE, aínda que ben lle sabía cando xogaban os tres.
Xai di que eles necesitan desfacerse dos seus prexuízos e probalo todo con todo o mundo nunha especie de liberación mundial sen fronteiras. Logo, na casa, Xai é feliz cociñando para o seu último amante ocasional.
Duarte di que eles necesitan atopar unha nova forma de estar no mundo, que os esquemas que operan na actualidade están caducos, que ben se ve no mundo animal, que non se ten porque elixir unha soa opción, que el está a educar aos seus fillos nesa mentalidade aberta. Duarte leva tres anos nadando entre as augas de Nana e Miguel.
Pedro di que eles necesitan o mesmo ca elas, que non é outra cousa que tapar os buracos da insatisfacción. Pedro vén dedicando a este mester os meses de xullo e agosto dos cinco últimos anos na casa que Françesc mercou na ría.
Max di que eles necesitan, case sempre, probar cun home e asumir o inevitable. Max enche a boca de prepotencia todos os días cando afirma e reafirma a súa xa probada condición de liberador de homes reprimidos. Tamén, e coa mesma afouteza, enche de whisky a súa incapacidade para encaixar cada nova ruptura.

A forza do demiurgo

Animación e imaxe atopadas no blog Mundo aos Quadrados que conta a relación entre un boneco e o seu autor.

O caso Díaz Pardo


Entro na páxina de Kaplan e atopo un banner de apoio a Isaac Díaz Pardo e a súa familia, vou ler o manifesto e leo o seguinte: "As Cerámicas do Castro e Sargadelos un referente fundamental da nosa cultura e identidade do noso pobo atópase en perigo. A súa alma mater, o seu fundador, a sua identidade e o noso intelectual xa non está ó frente deste complexo polo desexo capitalista de algúns indocumentados. Tódolos galegos debemos impedir esa "xubilación"." Estes días xa lera algo na prensa, dou unha volta pola rede, a verdade é que atopo varios documentos, algún dun romanticismo esaxerado, no mesmo sentido de apoio a Isaac Díaz Pardo pero todos eles sen unha enumeración dos principios nos que asentan esa adhesión ou, o que me parece máis grave, sen xustificar os ataques a aqueles que veñen de tomar o mando do grupo empresarial. Sei ben que legalidade e lexitimidade non sempre van da man, e que aínda que esta manobra foi legal hai moita xente que non a considera lexítima.
Importaríalle a alguén informar a esta desinformada opinante do motivo das diverxencias tan brutais entre uns e outros?