Hai pouco máis dun mes algúns habitantes do blogomillo me dicían que isto non era a terra prometida da rede de redes, que a grande arañeira era unha quimeira, que máis ben era unha aldea. Pois non, nin aldea é, isto ás veces parécese máis a un patio de veciños.
Hoxe asomei a cabeza e vin un lugar pequecho e escuro. Era un patio de ollos asexantes agachados tras das cortinas. Era un patio de veciños cheo de olores de fogares alleos que non son o noso, olores rancios que penetran na roupa tendida que logo teremos de poñer sobre o corpo, nas sabas nas que logo apoiaremos o rostro. Nesta xornada o ceo estaba cuberto, non deixaba que a luz entrase polo patio abaixo e o oco tiña unha cor triste, o gris dos anos cincuenta.
2 comentários:
Si, Kaplan, xa mo dixera.
:-)
Postar um comentário