Páxinas

2006/07/11

Adega e ti

A asociación ecoloxista Adega reclama que a xestión do lobo atenda a criterios científicos e de xustiza social e realiza unha serie de achegas ao Plan de Xestión do Lobo con esta finalidade.
Detívenme especialmente na 9 e na 10.
9. Posibilidade de control con capturas en vivo. (Non di nada ao respecto, fágome cargo.)
10. Creación dun centro de interpretación. (Non di nada dos teus sorrisos pequenos agachando os dentes, nin desa túa teima, nin de como quitarcha...)
Entendo que todo sería moito máis doado se tivese estado alí, agora tería un roteiro, pero daquela os lobos eran outros.

5 comentários:

náufrago disse...

Parénteses gloriosas

X disse...

:)

SZ disse...

Non hai cousa máis bonita que ver a Akela dirixindo a manada. :)

X disse...

Si, mais sempre sentín mágoa de Akela, o que sempre está só.

SZ disse...

certo, é o custo