Páxinas

2006/07/17

Adopcións


No verán, ademais das duchas refrescantes, tamén se producen problemas como os dos animais abandonados. Como teño lido nalgúns blogs intencións de adoptar ou regalar animais de compañía, quero dar conta da iniciativa do blog En busca de una segunda oportunidad, que ofrece información detallada sobre o tema, e de paso déixovos esta foto de Olga que, ao mellor, aínda non foi adoptada.

2 comentários:

leco disse...

Nós temos a nosa Ruca desde hai case sete anos, recollida no canil da Coruña co pelo queimado, con dous quilos e medio (agora pesa cinco, que é o seu peso normal), tose de canil e uns pesadelos terribeis durante moito tempo.
A ela mudoulle moito a vida. A nosa tamén mudou. Demos coa mellor cadela do mundo. Agora que o penso, creo que hai moito que lle debo un post.

X disse...

Pois pague, Leco, pague ese post, que non lle quede esa débeda :)