Entro na páxina de Kaplan e atopo un banner de apoio a Isaac Díaz Pardo e a súa familia, vou ler o manifesto e leo o seguinte: "As Cerámicas do Castro e Sargadelos un referente fundamental da nosa cultura e identidade do noso pobo atópase en perigo. A súa alma mater, o seu fundador, a sua identidade e o noso intelectual xa non está ó frente deste complexo polo desexo capitalista de algúns indocumentados. Tódolos galegos debemos impedir esa "xubilación"." Estes días xa lera algo na prensa, dou unha volta pola rede, a verdade é que atopo varios documentos, algún dun romanticismo esaxerado, no mesmo sentido de apoio a Isaac Díaz Pardo pero todos eles sen unha enumeración dos principios nos que asentan esa adhesión ou, o que me parece máis grave, sen xustificar os ataques a aqueles que veñen de tomar o mando do grupo empresarial. Sei ben que legalidade e lexitimidade non sempre van da man, e que aínda que esta manobra foi legal hai moita xente que non a considera lexítima.
Importaríalle a alguén informar a esta desinformada opinante do motivo das diverxencias tan brutais entre uns e outros?
Nenhum comentário:
Postar um comentário