Páxinas

2006/06/30

Un mes na nova casa

Custoume un pouco comezar a poder vivir na nova casa, as portas rinchaban, a billa da bañeira pingaba, e as persianas non cerraban ben. Localicei unhas cantas www de bricolaxe para parvas e agora polo menos podo durmir polas noites.
A verdade é que o mes se me pasou lento e a casa ocupoume moito tempo, tempo que non tiña, que era doutras cousas. Agora ando a pagar as consecuencias pero non me arrepinto, ganei máis do que perdín.
O mellor da nova casa é o aire que se respira, teño abertas as ventás día e noite para que se encha todo dese aire fresco que chega de fóra e poida saír sen atrancos todo o que teña de voar.
Cando fixen o contrato a da inmobiliaria xa me puxera ao tanto de todo, para ser exactos de case todo. Esqueceu falarme do pequeno detalle d@s nov@s veciñ@s, con algúns crúzome un día si e outro tamén, con outros só de cando en vez, en realidade o barrio é moito máis grande do que imaxinaba e ás veces vou dunha rúa noutra e acabo perdida tomando algo no sofá dun fogar que non sei de quen é. Tamén hai días en que cando chego á casa atopo agasallos que coloco ao carón do ordenador para poder miralos de vagar despois da cea.
Gústame a nova casa.

Um comentário:

XM Carreira: Caixa do Mendinho disse...

Esa foto sí que amosa a verdadeira arquitectura orgánica e ao mesmo tempo deconstructivista do Pais. Tiñas que enviarlla a Peter Eisenmann (o da Cidade da Cultura, xa sabes) para que tomase boa nota.