Solopiensoenmi entra, déixase ver, non di nada, sae. Solopiensoenmi volve entrar, permanece e volve deixarse ver, agarda, finalmente saúda. Solopiensoenmi cambiou recentemente o
traballo, o traxe (varios cada nova temporada), o ordenador, o camiño que fai no seu
cochazo cada mañá e até o vaqueiro das fins de semana. Solopiensoenmi segue entrando a buscarme, só por saber como me vai, só por saber se sigo aí, só por saber se sirvo de algo na súa
insatisfacción crónica.
2 comentários:
la buena esencia en frasco pequeño: me gusta. te dije que volvería y ya lo ves. el amigo de kaplan.
Ola amigo de Kaplan, gústame que volvas.
Postar um comentário