A próxima semana vai ser dura, realmente se me fai difícil pensar no momento de espertar mañá. Que imbécil! Difícil se lle vai facer a quen non ten traballo, a quen non ten comida, a quen non ten liberdade... ás veces sorpréndome a min mesma co meu grao de aburguesamento pero tamén é certo que as nosas dores sempre son proporcionais. Realmente mañá apeteceríame poder durmir até un chisco tarde, erguerme, almorzar ben despois dunha ducha dunha hora e poñerme a navegar pola rede de blog en blog de link en link e logo volver durmir na cama desfeita e todo sen ningunha chamada de teléfono, sen dicir unha palabra, sen ningún humano preto, mañá apeteceríame perderme de min mesma. Pero mañá, a vida non me vai deixar.
powered by ODEO
Um comentário:
Eu desexo o mesmo moitas veces pero sempre me move cara a diante ese mesmo sentimento: son un tipo afortunado.
Postar um comentário