"Estamos", asegura, "ante a morte dunha orde natural eterna, onde a arquitectura estaba perfectamente integrada na paisaxe natural. Ante esta violentación, como nunha cadea de atentados, estamos vendo como Galicia se vai convertendo nun vertedoiro de operacións cheas de ignorancia de todo tipo".
Se rompemos unha paisaxe que custou séculos contruír e non facemos nada por transformala, destrruímos un dos nosos maiores signos de identidade
Séntese, en especial, moi desilusionado co Goberno do bipartito. "Todos estabamos intentando chegar a un cambio e entendiamos que ese cambio consistiría na achega de ideas ilusionantes, de ilusionar o país". Pero o único que observa son "administradores máis honestos dos que había antes, con capacidade de poñer máis orde, pero neste momento diría que carecen de ideas".
A destrución segue avanzando -asegura- e o que máis o enfurece -mesmo "sufro"- é ver un goberno "malversando o noso patrimonio económico para construír a Cidade da Cultura que, todo hai que dicilo, é unha moi mala arquitectura. Somos moitos os galegos que nos sentimos agredidos coa política que o noso goberno está a seguir". As obras do Monte Gaiás, ademais, "van deixar unha cultura escuálida, nunha situación horrenda, porque traga un terzo do presuposto total da área. Iso é realmente a concepión que pretendo combater coa miña defensa da arquitectura popular.

Vía Galicia Hoxe.
[Fotografía de Fernando Blanco]
5 comentários:
Eu son unha desas persoas ferozmente críticas contra este goberno...
No hay nada peor, aparte de un gobierno corrupto, que uno burócrata y carente de ideas e iniciativas.
Un saludo.
Creo que un dos nosos deberes como cidadáns é o de ser críticos cos nosos gobernantes.
O anterior non quita que me amolen moitísimo os cada vez máis numerosos profetas do non polo non.
X, creame non son unha desas persoas do non polo non. Falo con coñecimento de causa e precisamente afasteime por ser honesta...
O meu comentario non se dirixía a vostede, Mrs. Doley, sinto se o malinterpretou.
Postar um comentário