Páxinas

2006/11/06

VIOLENCIA DA NADA


A túa ignorancia demostra que non querías saber nada. Nin sequera sospeitaches nada. Non dixeches nin fixeches nada. Ao mellor cres que ese home me importaba, pois non, para nada. Críaste moi listo e por paspán vas quedar sen nada. Agora non me veñas con esas, nin para iso valiches, nin para iso nin para nada. Cada vez estou máis convencida de que explicarche as cousas non serve de nada. Se pola túa culpa xa nin falamos de nada. Ti na túa burbulla sen importarche nada. Que...non dis nada? Estouche falando para nada? É que contigo o mellor é non facerche caso, total, todo queda en nada. Porque non es digno de nada. E non é que eu quixese nada. Xa mo dicía miña nai, que non valías para nada. O que pasa é que ela quería verme cun home que non deixase que me faltase de nada. O que me amola é ter perdido todo este tempo para nada. E agora...
Non me importa NADA.
[Música de Fangoria, do disco El extraño viaje de 2006, o tema Nada más que añadir]

powered by ODEO
(Este post é a resposta a unha proposta de Náufrago para encher a súa NADA)

6 comentários:

Anônimo disse...

No fondo, un náufrago vive na súa propia nada. Gustoume moito o teu texto. Enorme talento.

X disse...

Grazas, pero non debería ser tan xeneroso nos seus xuízos. Gustoume xogar.

Anônimo disse...

Estou encantada de que te encantara o meu... Grazas X. E parabéns polo teu blog, unha mostra indiscutible do teu talento, e non peco de xenerosa.

X disse...

Grazas, Rosa Velenosa, e benvida ao blog.

paideleo disse...

Nada que engadir ó teu texto.

Alédome de que descubrises os cabaceiros de Vivenzo gracias a min.

Un saúdo.

Mrs.Doyle disse...

Xenial.