Páxinas

2006/11/07

A feira en números

Un anaco grande de cabaza: 1 euro.
Dúas leitugas da lisa, que non valían moito pero non había leituga ningunha hoxe na feira: 1,50 euros.
Unha coliflor ben boa: 1,80 euros.
Dúas restras de cebolas feituquiñas coma trenzas de nena relamida: 2 euros.
Un quilo de feixóns que son unha regalía para os ollos: 3 euros.
Dous quilos de pementos morróns que enchían de cor unha bolsa toda: 3 euros.
Sete chourizos curadiños afumados, comprados a Sara Ares, da Familia Peña (si, si, os da Casa de 1906), porque lle cadrou: 3,60 euros.
As patacas, das de aquí, irregulares, branquiñas, boas, entre 0,60 e 0,75 levando a caixa enteira.
Xantar (callos e polbo con pan de peso máis bebidas): 12,50 euros.
Pasear pola feira: pracer de balde.
[Fotografías de X]

5 comentários:

Anônimo disse...

Vaia unha envexa que me provocas...

Mrs.Doyle disse...

ENVEXA, MOITA ENVEXA.

X disse...

Foi unha agradable mañá na feira :)

Anônimo disse...

A min gustame ir moitos domingos de feira e comer polbo na feira con bo viño. E unha tradicion moi boa.

X disse...

Galicia, doulle a benvia ao blog, a min tamén me gusta moito ir á feira.