Páxinas

2006/11/28

Don Francisco

A súa terceira muller acaba de deixar a Don Francisco, Pancho para os que somos outra cousa, e convídame a pasar a ponte amosándome os segredos das terras granadinas, eses lugares que xa ensina como un guía turístico profesional despois de ter feito o mesmo percorrido con outras mulleres. Di que non sabe con quen vai quedar a pequena, supoño que coa nai como aconteceu cos seus outros fillos. Anda amolado, pero non tanto como para rexeitar o convite de non sei que alcalde de ir cear e logo tomar unha copa. A noite remata nun prostíbulo de luxo situado nun paseo marítimo ao final dunha estrada rodeada dos mares de plástico onde os inmigrantes converten os seus soños de falsas terras prometidas en caixas de tomates. Pancho é destes que namora da última muller que ve a través do seu vaso e que cando xa o corpo non pode máis di iso de... eu realmente o que necesitaba era falar con alguén. Cóntame que uns xaponeses mercaron o hotel que dirixía e que agora vai traballar para unha multinacional que se dedica a residencias de luxo para persoas maiores en zonas turísticas. Ao mesmo tempo infórmame de que a semana que vén vai andar por Madrid, que o cardiólogo lle deu un toque, que vai ir a un homeópata que hai na capital que che fai deixar de fumar nunha sesión, que ten a cita o xoves pero que xa sobe a Madrid o martes para divertirse un pouco, que con isto da separación necesita distraerse un chisco non vaia ser que caia nunha depresión. Mentres Pancho cura os seus males nas madrugadas madrileñas outros tocan ritmos alleos baixo os invernadoiros.
[Fotografía de inmigrantes no Ejido.]

4 comentários:

Mrs.Doyle disse...

As figuras como Pancho non soen ser nada recomendables, cousa inversamente proporcional á atracción espertan...

Moralla disse...

Ola!! mando enderezo dunha amiga nova no blogomillo:
http/valdeorosa.blogspot.com
Grazas, un bicazo de Yoli ;-)

X disse...

Moralla non me vai o enderezo que enviaches ;-)

X disse...

Moralla non me vai o enderezo que enviaches ;-)