Páxinas

2006/08/18

Publicidade

Desde hai uns días e sen que eu teña feito conscientemente nada aparecen ventás de publicidade ao abrir este blog. Se é posible agradecería información sobre como facer que non apareza.

4 comentários:

moucho branco disse...

si?, eu non vin publicidade ningúnha... que raros fai isto...

X disse...

Non é sempre, é por veces.

Anônimo disse...

Si, ademais é unha publicidade puñetera, porque aínda que cha bloquee o navegador, cando pechas a ventá aparece e moitas veces ten musiquiña, e cando está un traballando arduamente no ordenador, non queda ben... ;-)

A min pásame con moitos blogues de Blogger, así que sospeito que é cousa deles, que a poñen en contraprestación polo servizo.

Algúns casos similares e solucións en http://nopropaganda.blogspot.com/
Pode preguntar por aí se saben como quitalo.

Eu optei por montar un blogue nun galiñeiro propio, así que non me poden meter publicidade, claro. Imaxino que Blogaliza non porá publicidade, pode preguntar.

Algúns usuarios o que fan é ler os seus blogues predilectos cun Lector de Sindicación, Lector RSS ou como o queiran chamar. Cando se actualiza o blogue, ponche un aviso (xa non hai que perder tempo clicando para ver se se actualizou) e podes lelo directamente na pantalla do lector ou ben clicar para ir ó "orixinal". Eu teño unha extensión para o Firefox (Sage, pero hai moitos pola rede [un truco se o fan... normalmente non aparece un iconiño de RSS para os blogues de Blogger, pero a grande maioría deles teñen un fluxo de sindicación incorporado, chega con engadir "/atom.xml" á dirección do blogue]

Ai, mimadriña, canto falo!!

X disse...

Moitas grazas señor pito de galiñeiro.