Páxinas

2006/08/09

Perdición

Se aquela rubia non tivese levado aquela pulseira no nocello...

Se non fose tan parvo de non adiviñar tras os lentes escuros a súa extrema ambición...

Se ti non tiveses tanta confianza en min e puideses sospeitar que te estaba a traizoar...
...non tomaría o camiño da miña perdición.

2 comentários:

kaplan disse...

hum... pintan bastos?

X disse...

Só cine, como a vida, só sucesións de fotogramas.