Páxinas

2006/08/31

Haiku IV


O email esta vez nin sequera traía o arquivo adxunto, nada máis abrilo podíase ver a foto co haiku IV cruzando de ombro a ombro por diante da gorxa.

pincel pousado
lección de contención
teu arrecendo

2 comentários:

SZ disse...

Teño a sensación de que se vai configurando un ideograma que conceptiza de forma sutil un cúmulo de emocións expresadas nos haikus, xa o comentara noutro dos post pero non o vexo.

é exquisito.
Un saúdo

X disse...

Supoño que se refire ao seu comentario ao Haiku I do 28 de agosto que se pode ver no link do mes de agosto que aparece na columna do lateral. Un saúdo.