Páxinas

2006/08/19

Lorca

Federico García Lorca foi fusilado polos fascistas tal día coma hoxe hai 70 anos, na madrugada do 18 ao 19 de agosto xunto ao mestre Dióscoro Galindo e os banderilleiros anarquistas Francisco Galadí e Joaquín Arcollas ante unha vella oliveira coñecida como Aynadamar, fonte das lágrimas, en Víznar (Granada), onde se cre que aínda repousan os seus restos cos dos outros tres compañeiros que correron a mesma sorte.
________________________

"El más terrible de los sentimientos es el sentimiento de tener la esperanza perdida." Federico García Lorca

6 comentários:

Anônimo disse...

Concordo contigo e con Federico, é un sentimento asolador.

X disse...

Si, é a anulación de todo posible futuro.

Xosé Manuel Carreira disse...

O máis triste do asasinato de García Lorca é que algúns hoxe continúan a non recoñecerlle a importancia que ten simplemente porque el era diferente: homosexual, culto, amigo dos xitanos... nunha familia de boa posición.

Supoño que non debeu de ser doado viver como el decidiu naquel momento e iso nótase nun certo estoicismo que non encontras noutros poetas andaluces.

moucho branco disse...

A ditadura militar española deu mais vítimas que tóda-las ditaduras militares sudamericanas xuntas.... se nos seguimos comportando coma se fose unha mísera anécdota histórica nunca poderemos dicer que os mortos descansan en paz.

saúdos.

torredebabel disse...

eu concordo con moucho branco. Non importa tanto, quen deixou mais mortos. Franco é tan asasino coma Videla e merece o mesmo tratamento.

X disse...

Teñen razón, nas nosas mans está tratalo como se merece e votar a quen o faga como nós queremos facelo.