Páxinas

2006/08/21

Desagradables sorpresas

Na máis grande ría, na de Arousa, na Pobra, na do Caramiñal, o sitio estaba ben, o garfo e o pano de mesa viñan en paquetes individuais esterilizados, a louza decorada, a comida convidaba a repetir, o trato moi bo pero... ninguén podería imaxinar que tras aquela porta verde que conducía aos servizos habería outra igualmente verde que levaba aos homes (os propietarios deben pensar que o xénero masculino é porco de seu) a esta desagradable sorpresa:

Cando aquel home saíu deixando a porta aberta e vin tal cousa pensei que diferente era aquilo do novo urinario do Polis.

Contra isto nada poden facer milleiros de campañas de publicidade turística, é unha cuestión básica de sanidade.

Sinto o escatolóxico do post pero non podía publicar o nome do local.

[Fotografía de X]

4 comentários:

moucho branco disse...

Pero aínda quedan letrinas desas por ahí??... hai que ver....

saúdos.

X disse...

Quedan e quedarán Moucho branco :)

torredebabel disse...

quedan alá e non imaxinas cantas aca, no cabo sur e pobre do mundo...

X disse...

E eu que comezaría amoblando a casa polo baño :)