Veloso vén de publiciar un post titulado La estupidez avanza sobre o feito de que Xosé Carlos Caneiro estea a publicar en castelán como columnista en La Voz de Galicia. Tanto el (aínda que se fose así eu creo que non tería feito o post) coma paideleo e nemeth inciden na pouca importancia do feito e amósanse para o meu gusto bastante comprensivos co tema. Confeso que xa estou un tanto farta de tanta relaxación e de tanto bilingüismo harmónico todo vale.
6 comentários:
Todo individuo ten dereito a expresarse na lingua que lle pete. Por suposto, Xosé Carlos Caneiro tamén, aínda que, evidentemente, eu preferiría que seguise a escribir en galego. Paréceme moito máis grave o desleixo social, o pasotismo das empresas, a deixadez da administración, a indiferencia da igrexa e a franca hostilidade de certos medios de comunicación.
Un cordial saúdo.
Concordo con vostede, mais que o outro sexa máis grave desde o meu punto de vista non inflúe na valoración que fagamos do comportamento individual de alguén que por suposto se pode expresar como queira (creo que isto xa é obvio) pero que desde logo ten unha relevancia social.
a tolerancia absoluta sería maravillosa de non ser por esa maldita manía das cousas de ter implicacións...
un saúdo.
"A minha pátria é a língua portuguesa"*, por isso continuarei a expressar-me na língua que estou a aprender.
Saudações
Pito
"Fernando Pessoa"*
Faltaría máis Pito :)
Eu dixen que me estrañara e que me semellou unha traizón pero cada un ten as súas ideas e a Caneiro déuselle agora por iso e respeto a súa decisión...faltaría máis.
Pero tamén tés razón e non deixa de ser triste este bilinguismo harmónico.
Postar um comentário