
Non podo deixalo, ti sábelo mellor ca ninguén, non é culpa de falta de vontade, non, a culpa tena ese maldito reflexo da luz de neon sobre a túa pel dourada, así, espida sobre as sandalias negras... o pracer de contemplarte durante un cigarro cada noite tráeme tolo... non preciso máis que esa luz sobre teu corpo gorentoso...
...e agora cariño, ven onda min e pórtate ben... este ha de ser o último, xa sabes, teño que deixalo.
...e agora cariño, ven onda min e pórtate ben... este ha de ser o último, xa sabes, teño que deixalo.
2 comentários:
moito mal fai o cigarro, pero tamén fan mal outras cousas deste mundo e ningún médico che pide que as deixes...
Non, non cho piden, a maioría confórmanse con doses de Sintrom para que a maldade non derive en entaponamento xenérico.
Postar um comentário