Porque son a envexa de todas as miñas amizades que desexarían ocupar o meu lugar ao teu carón e coñecer aos teus amigos importantes de olladas entre a golosía e a censura. Seguro que hai dez anos nin te miraban pero, agora que as mechas cobren as canas e os lentes de Richmond as enrugas, resultas interesante. É un gustazo que estean todo o día a dicirme a sorte que teño, porque a teño, non si?
9 comentários:
Parece que tod@s ao lermos esta historia nos centramos no materialismo, pero ¿que me decides de ese estereotipo de muller-rémora que vive a expensas dun home-tabeirón (xeralmente das finanzas)?
É difícil facer unha reflexión tan xeral. O home-tubarón e a muller-tubarón non teñen tantas opcións como poida parecer nun principio. Ás veces calquera pode sentirse tubarón: na miña profisión había un dito que afirmaba que só unha enxeñeira podía soportar a forma de vida dun enxeñeiro, e as enxeñeiras non abundan precisamente (o que explica que haxa tanto enxeñeiro nos seus 40 solteiro ou divorciado).
Hai profesións que son auténticas destroza-parellas se as tomas un pouco a serio: a enxeñaría, a medicina ou as finanzas son tres delas por citar algunhas debido a longas xornadas de traballo e moitas viaxes.
Non obstante teño a impresión de que a moza que teño, apesar de non ser do gremio, foi a que mellor entendeu os handicaps do meu living style e oxalá que isto funcione, mas sei das dificuldades, que non son poucas.
Non creo que sexa unha cuestión da profesión en si. Creo que se debe a unha combinación do carácter persoal e ao tipo de sociedade no que estamos inmersos. Este sistema cada vez nos pide máis.
Persoalmente, eu teño unha profesión (non citada por ti) que me levou a unha crise de estrés moi aguda e, asegúroche que adoro a miña profesión, pero a cantidade de traballo, o búscate a vida e dame solucións, pasar unhas doce horas no lugar de traballo, a vida nunha grande cidade,... poden destrozar a unha persoa.
Olvidaba a mencionar o fracaso de algunha que outra relación por falta de tempo...
Mendinho tamén lle podería falar de profesións que son destroza parellas por todo o contrario.
Supoño que o peor na mestura parella e profesión é a endogamia, por outro lado tan abondosa, mais tremendamente empobrecedora.
Mrs. Doyle, semella ter pagado xa nas carnes propias o prezo da loita profesión-parella, espero que o seu traballo non a volva privar ata ese punto doutros aspectos enriquecedores da vida privada.
quéroche ou mellor ámoche, porque admíroche e ademais temos afinidade, complicidade, diálogo e respecto.
Sz, curioso que inclúa a admiración, a maioría da xente non a ten en conta como ingrediente esencial nestes asuntos de dous.
Abofé.
Postar um comentário