Porque me sinto fascinad@ pola túa posición económica, a roupa, o coche, a casa, o apartamento en Sanxenxo, os hoteis aos que me levas, os agasallos que me fas, os caprichos que me cumpres. A túa sinatura nun papeliño e os números do meu alugueiro dun curso en Santiago transfórmanse nun televisor no que as nosas pelis porno case se ven a tamaño real. Adoro todo iso que forma parte de ti, non, non son os teus cartos, é a marabillosa forma en que os gastas, así, tan sen se notar.
10 comentários:
A erótica dos cartos sempre foi potente. Antes a frase era "e cantas vacas tes?" que co tempo deviu en "que coche tes?".
sinto que hai unha forma irónica e perversa de presentar o post.
;)
Non sempre, pero se en innumerables ocasións, o poder e o diñeiro o único que ocultan son carencias.
Coñecín a alguén cando éra nova que apuntaba a ter un futuro prometedor. Agora ten unha excelente posición social, pero é tan pobre...
Ten moitos posibles e moita intelixencia tamén, pero é unha mala persoa. Trata de impresionar aos demáis convidando a todo, pero cando chega a casa... como chora eses cartos... Cando estaba con el tendo moitos menos cartos, dáballe o puco que tiña (ao que el se cría con todo o dereito do mundo)... El fíxome moito dano porque eu tiña algo que el ansiaba e nunca podería ter nin con cartos... tiña bondade e capacidade para amar aos demáis.
"hace mucho el dinero, mucho se le ha de amar"...
a materia na que se acuña non é responsable, pero represente moi boa parte dos nosos prolemas.
Mendinho a versión vacas ofrecía vantaxes, polo menos garantía supervivencia.
Sz, tanto como perversa...
Mrs. Doley lamento que lle teñan feito dano.
Kaplan só espero que mo diga cando o saiba.
Moucho branco eses problemas só son reais cando falamos de cubrir necesidades mínimas.
Na vida hai luces e sombras.
Finalmente esa persoa admitiu os seus erros para comigo, anque tarde... agora teño entendido que ten moitos cartos e éxito social, pero que disfruta dunha terrible soedade... porque o que ten madeira ególatra...
Postar um comentário