Páxinas

2006/08/24

Por que te quero? I

Desorde publicaba onte un post sobre o atractivo do poder no que criticaba a un home por andar cunha muller vinte anos máis nova ca el baseándose en que esa relación se establecía grazas á situación de poder del. Ao final, Desorde agradecía ser un home sen poder. Logo nos comentarios Oko criticaba á rapaza por ser parva e carecer de escrúpulos. Non creo que unha rapaza nova e fermosa necesariamente teña que ser parva e sen escrúpulos para estar cun home maior ca ela (aínda que teña poder). A min sempre me gustaron e non o son. É tan lexítimo atraer a alguén pola forma de falar como pola posición que un teña sempre e cando non se produza abuso ningún entre adultos ou é que habemos de volver ao de que os vellos non deben namorarse.
[Figurade Isabel, unha artesá de Minas Gerais, titulada Casal sentado]

12 comentários:

Xosé Manuel Carreira disse...

Pensa que Perelman, o matemático, só ten 40 anos e está solteiro.

Anônimo disse...

teño a sensación de que o acento no post de desorde non é o poder senón a inseguridade, polo demais as relacións entre dous, son entre dous.

X disse...

Grazas Carreira, engadireino á listaxe de posibles conquistas :D

X disse...

Sz, disinto, a inseguridade só a contempla como un dos múltiples defectos do personaxe.

Desorde disse...

jo! nunca pensei q xerara tanta polémica.
a clave, para min, é q agora ten poder/antes non _ agora vai con rubiatontalbote/antes non.....
saudos a todas/os

X disse...

agora o ve mal/antes non

moucho branco disse...

Un home maior pode namorar... pero cando é o diñeiro o que namora (e iso non é cuestión de idade), as partes implicadas non merecen precisamente o meu respeto. Xa hai demasiadas cousas en venta neste inmenso restaurante...

Desorde disse...

non se trata de velo mal/antes non, as cousas van na liña do q di moucho branco.

Anônimo disse...

Os inseguros acostuman ser medorentos, a arrogancia e o dogmatismo, (que non, o ser asertivo) son dúas das “calidades” tras as que se acostuman agachar persoas temerosas e o poder/diñeiro sempre axudan a agachar (sen resolver por suposto) os defectos. Polo menos iso paréceme, de aí o do acento.

X disse...

Que unha persoa escolla unha opción que non consideramos a correcta non implica que sexa ilexítima, por non falar da posición de superioridade emocional e intelectual que lle estamos a dar a el sobre ela.

oko disse...

eu creo que o está levando a outro terreo, X. non é cuestión de velo mal a el porque agora teña cartos. atenda á descrición que fixo Desorde. antes, seguramente coas mesmas características pero sen poder, a rapaza nin se plantexaría estar con el. pero con poder si.. non me gusta xogar cos tópicos, non quero dicir que sexa unha rubiatonta, pero hai cousas que ao meu entender son incomprensibles sen un alto grao de ambición unido á falta de escrúpulos. máis nada.

X disse...

Non creo que se trate tampouco de comportamentos explícitos, moitas veces o que operan son motivacións doutro tipo. Supoño que porcentualmente son poucas as mulleres que conscientemente deciden estar cun home polos seus cartos ou o seu poder. Do mesmo xeito, aos homes gústalles fachendear da súa compañía pensando que están con eles pola súa valía persoal e non polos valores engadidos. Uff, isto está quedando cheo de topicazos absurdos cando o que pretendía era simplemente censurar a quen censurou por parecerme a crítica inxusta.