Páxinas

2006/10/30

Diamantes


Este é o biquini máis caro do mundo, custa 30 millóns de dolares e foi confeccionado con 150 diamantes da máis alta calidade, diamantes Steinmetz. Curiosamente estes diamantes proceden de África, a mesma terra na que nos países máis pobres do mundo (Serra Leona, Níxer, Burkina Faso, Mali, Burundi, Guinea Bissau, etc.), morren de fame milleiros de persoas.

13 comentários:

moucho branco disse...

iso é un dos maravillosos rasgos identitarios do capitalismo; "o mellor dos mundos posibles"....

Anônimo disse...

Manda truco!!.

Unha aperta.
:)

Anônimo disse...

E ademais de todo iso, tapa ben pouco, sobre todo pensando no custo social e económico que supón...

RAIKO disse...

No sé, a mí con las piedras preciosas y con los futbolistas me pasa que no entiendo como pueden ser tan caros para lo poco útiles que son...
Y al que se le ocurriera la genial idea de hacer un biquini con diamantes, cómo tuvo que quedársele la masa encefálica. Siempre le quedará la excusa de que es arte y que el arte no busca la utilidad, sino la estética...
Pues ni una cosa ni la otra, porque realmente como biquini es horroso, con todos mis respetos a la señora rubia que lo luce que no hace más que su trabajo...
Un saludo

X disse...

Nunha cousa concordamos, o biquini é horroroso e, ademais, con iso non creo eu que se poida bañar unha moi cómoda.
Saúdos a tod@s.

Mrs.Doyle disse...

E digo eu ¿non terá frío?

Moralla disse...

BREVE E ROTUNDO!!!!
MOI BO!!!

Xosé Manuel Carreira disse...

Moi interesante a foto, polo menos a modelo está fraca pero non anoréxica. Isto lémbrame ás hipócritas galas de Nadal de Victoria's Secret.

Anônimo disse...

Unha vez máis as grandes mentiras de Occidente convertense en motivo de escándalo. Estas noticias tiñan que ir parar a todos esos países onde a fame mata a milleiros de persoas.
A revolución ten que estar a chegar.

Anônimo disse...

Co bonito que é tirar a roupa e interior precipidamente e tirala como quen non quere a cousa despreocupado de onde caia para atender ao que hai que atender... creo que con ese cómpre non facer iso.

Habiaselles de cravar un diamante onde eu me sei...

Anônimo disse...

pois co pequeniño que é, é caro de carallo. A ver quen o puña na praia! Para que te morda unha faneca.

Anônimo disse...

O bikini cos seus corazóns paréceme totalmente kitsch, se o que querían lograr era iso, acertaron de cheo.

Fer Trombón disse...

En serio, alguén poría iso? veña ho... Imaxinadesvos a bush con él?
jajajja