Segue a miña crise de orixinalidade, véxoo, gústame e copio de depósito a idea dun post sobre os meus boicots persoais que temos cada un de nós e que levamos a cabo en moitas ocasións mesmo de forma oculta.
Aí van os meus cinco boicots (a verdade é que tiven que seleccionar, saíanme máis):
1. En xeral, e sempre que podo, non sempre se pode, calquera empresa que non me permita desenvolverme no meu idioma.
2. Os restaurantes/casas de comidas/etc. onde me poñen os cubertos manchados no mantel en vez de cambiarmos entre prato e prato.
3. As gasolineiras con autoservizo porque me cobran o mesmo prezo e aforran postos de traballo para incrementar a súa ganacia.
4. As peaxes automáticas, polo mesmo motivo que as gasolineiras.
5. Os establecementos hosteleiros onde non teñen ningunha marca de auga mineral galega.
Agora gustaríame que quen o desexase deixase tamén os seus, especialmente @s visitantes habituais deste blog.
6 comentários:
uff, eu teño moitos...
así a bote pronto adianto o meu eterno boicot a bacardi e mais a Coca cola, pero deixame pensar...
un saúdo.
Pense moucho branco, pense, ten todo o tempo do mundo, pense e volva ;-)
A min non se me ocurre ningún en concreto e nembargantes teño un cantos...
eu teño declarado o boicot á acumulación de cousas, simplemente por ter, ao final case unha síndrome de Diogenes.
unha aperta
esquecíame, tamén exerzo o boicot a quen me queren facer sentir culpable.
Eu fago boicot de ouvidos a todos os que utilicen expresións como:
- Uyy, lo que ha sido una.
- De min non se ri nin deus!!!
- Iso amañábao eu en 24 horas.
- Canto maricón hai hoxe en día!
- Xa non quedan (homes/mulleres) como os/as de antes.
- Ti non tes puta idea de (fútbol/mulleres/coches/marcianos…).
- Isto é un insulto ao (celtismo, deportivismo, madrilismo…)
Seguirei dándolle voltas.
Postar um comentário