
Antes os desencontros eran motivo de martirio psicolóxico, agora véxoos como chanzos cara á felicidade.
Sempre agradecín a brevidade das nosas guerras.
Vou vella ou aprendo?
Ambas cousas?
Boto de menos un cigarro.
[Cadro de Beatriz Soto Suárez titulado Desencuentro]
7 comentários:
moi bos os links, moi bos. Estás deixando de fumar? Cando un sabe o que quere é porque está madurando, e iso sempre é bo.
Se vas sabendo o que non queres, xa é bastante.
Creo que un nunca deixa de fumar.
Un chega a saber algunha vez o que quere ou convéncese de que o sabe?
A cuestión é saber o que un non quere se non se sabe moi ben o que un quere...
Deixar de fumar é unha cuestión mental, só hai que ter disciplina, moita disciplina.
A miña nai tras moito tempo fumando, un día dixo: deixoo e así fixo. Non volveu a tocar un pitillo a pesar de que o meu pai segue fumando na casa o mesmo tabaco... Xa hai dez anos que non fuma.
Autoconvencerse non soe dar moi bo resultado pois a miúdo resulta unha loita entre o que un realmente quere e o que desexaría querer, ou sexa, un desastre!
Alfama, convenceume. Grazas.
Postar um comentário