Infancia a quen ben amo:
Chove por min ou pasa.
Xohana Torres
Chove por min ou pasa.
Xohana Torres
A nena non é nena,
que xa é moza,
como medra o regueiro
e loce a rosa.
A nena non é nena.
Medran os soños,
coma fiestras abertas,
libres, fermosos.
A nena non é nena,
cruza fronteiras,
coma o vento abandona
as arboredas.
que xa é moza,
como medra o regueiro
e loce a rosa.
A nena non é nena.
Medran os soños,
coma fiestras abertas,
libres, fermosos.
A nena non é nena,
cruza fronteiras,
coma o vento abandona
as arboredas.
Antonio García Teijeiro: Na fogueira dos versos, Xerais, 1996.
4 comentários:
pois non sei que dicir. eu nunca me mirara coma unha valente cruzadora de fronteiras. pero gracias, gustoume saber que me ves así. ata me soberon as colores!!!
Ese é un privilexio das mulleres novas :)
Boh, púxenme coloradiña, graciñas, aínda o vin agora.
Aínda é tempo ;)
Postar um comentário