Páxinas

2006/10/31

Ferrín dixit

Xosé Luís Méndez Ferrín no Café Tortoni de Bos Aires dixit:

“Esa rapaza (pola finalista do Premio Planeta Marta Rivera de la Cruz) quere ser todo, como aquel que na procesión quere estar na banda de música, quere ser Cristo, quere ser santo, que ser o cura... Hai que escoller na vida. A min, na miña vida me invitou ninguén a unha universidade de Madrid por ser escritor galego. Se ela escolle ser escritora en castelán ten dereito a levar o Premio Cervantes e eu non porque non escribo en español. Non vou chorar eu porque non mo dean. Non teño opción: pódeo levar un arxentino ou calquera escritor que use o castelán. Entón queixase. Evidentemente, isto leva detras outra queixa. De feito, hoxe en Galiza toda a vida literaria faise en galego. O movemento poético que existe en Galiza é en galego. O único teatro que se fai en Galiza é en galego. As dúas únicas revistas de ensaio que se fan en Galiza -que son A Trabe de Ouro que teño o honor de dirixir e a Grial de Galaxia- son en galego. Eu estaría ben conforme con poder gañar o Premio Planeta pero eu non o podo gañar porque non escribo en castelán, e ela non pode gañar o Premio Xerais porque non escribe en galego”.

Vía Fíos invisibles.

7 comentários:

RAIKO disse...

Méndez Ferrín dixit... Interesante.
Un saludo.

kaplan disse...

amén!

A Randeeira disse...

Dixoi Ferrín ben dito está.

Mrs.Doyle disse...

Ferrín é un dos mellores escritores (senón o mellor) da literatura galega actual, e da literatura universal. E eso é moi grande para a literatura galega, a pesar de que moitos dos seus coetáneos pretendan sacarlle méritos porque non se lle da aquí moito valor polas suas ideas non políticamente correctas.

Xa se sabe, en Galiza os políticos aplican eso de "ou estás connosco ou estás contra nós", poñendo a ideoloxía por diante de talentos...

Así nos loce o pelo...

Estou de acordo co que di.

X disse...

Ás veces creo que Ferrín é un luxo que non nos podemos permitir.

bandini disse...

en mi opinión es completamente falso.

Laurindinha disse...

Que razón ten!