Páxinas

2006/10/04

Malade

Un trancazo en toda regra, nun par de horas apoderouse de min superando o mellor dos amantes. Sen presentacións previas nin miradas insinuantes, tose, gorxa irritada, imposible respirar polo nariz dorido de tanto recoller as pingueiras, febre, cabeza que estala e os ollos...

10 comentarios:

Anónimo dixo...

pois ánimo!!! que eu xa o pasei... xDD camiña, sofá, manta, sopiñas e antibióticos.

Anónimo dixo...

Eña, que hai que recuperarse!!! Ti dálle ao frenadol, que o frenadol todo o cura.
"comentario patrocinado polos laboratorios que fabrican Frenadol."

From Hell dixo...

A iso chámanlle: gripe (creo)

Mrs.Doyle dixo...

O zumo de limón con auga fervendo e un pouco de mel é moi eficaz e é moi desagradable na miña opinión.

Pero sempre é mellor tomar ese brevaxe que non antibióticos.

Mellórate!

David dixo...

Recúperate pronto! ;)

X dixo...

Moitas grazas a tod@s.

Anónimo dixo...

O consello de Mrs. Doyle paréceme axeitado de todo. Pero se non dá regado, auga e zumes son boa alternativa. E moita cama (en soidade).

¡A repoñerse, que fai falla xente coma vostede! ;-D

Anónimo dixo...

¿Regado? Tragado, quería dicir. É o que ten escribir cunha man tendo conta dun pequeno na outra.

Saúde (nunca mellor dito).

Moralla dixo...

mel fervendo con zumo de limón duas veces ao día. Que post tan orixinal!

X dixo...

Era certo, non morrín.
Sigo tomando remedios caseiros, remedios farmacéuticos, remedios alternativos...
Aínda hai X para un tempiño :D