Páxinas

2006/10/11

Blogueir@s I


Opción 1.- @s blogueir@s somos unhas persoas ociosas que non teñen nada mellor en que gastar o tempo que na realización do seu blog.
Opción 2.- @s blogueir@s consideramos o tempo que empregamos nos nosos blogs ou na lectura doutros como a mellor opción para o consumo responsable do noso lecer.
Opción 3.- @s blogueir@s somos seres irreflexivos que non consideramos estas cuestións.
Opción 4.- @s blogueir@s somos un conxunto de escritor@s frustrad@s desexosos de lector@s que alimenten o noso ego.
Opción 5.- @s blogueir@s pertencemos ao subconxunto superpoboado de persoas insatisfeitas e agardamos que un blog solucione as nosas carencias.

19 comentários:

Anônimo disse...

discrepo da opción 1 (nunca me chega o tempo a nada). Do resto algo de todo. Moi boa.

Anônimo disse...

Eu penso que os blogueiros temos bastante con ser, que tal e como están as cousas, non é pouca.

Mrs.Doyle disse...

Os blogueiros somos seres cuios desexos son que as nosas palabras non caian en saco roto. Temos cousas que decir e ganas de que nos escoiten...

Anônimo disse...

eu quédome coa opción número 4.

moucho branco disse...

eu tamén teño que discrepar da primeira, e mne identifico especialmente coa 3º... eu persoalmente son un blogueiro becho con plumas que rabuña ao tempo para falar dos recurrentes temas cos que xamais pecha o maldito pico.

un saúdo.

oko disse...

eu sitúome máis na terceira. en todo caso, recoñezo que a 4 é moi habitual...

Anônimo disse...

A 2ª, sen dúbida.

Anônimo disse...

Mmm, eu apúntome ás dúas últimas, mal que me pese por ben que o leve...

Saúdos.

Anônimo disse...

Non me identifico coa 1ª nin coa 4ª, coas demáis un pouquiño... sobre todo coa 3º.
Moi bo o post.

Anônimo disse...

como Kaplan, ningunha delas e un pouco de todas

Unknown disse...

@s blogueir@s somos uns frikis que pasamos o noso tempo de ocio mirando blogs doutros da nosa raza e non nos importa o mais mínimo pasar dúas horas diante do ordenador comprobando que ningún dos nosos enlaces actualizou mentras non estabamos diante do ordenador :P

Que triste é a vida d@ blogueir@...

Ra disse...

...Habrá que admitir que de todo un poco. Muy bueno.Saludo!

Anônimo disse...

Quédome coa 2.ª, aínda que con matices...

Úrsula disse...

Eu quedo-me com as duas últimas...

Anônimo disse...

eu con todas, e sen complexos!

Moralla disse...

Simplemente creamos mundos máxicos e intercambiamos opinións. Non lle demos tantas voltas ás cousas! Que Freud xa morreu! Unha aperta de felicidade. Yoli

X disse...

Chego e dezasete comentarios, ufff, sorrío, que pracer devorar as súas opinións, canto me gusta provocar algún tipo de reacción!
Benvida a este blog, Úrsula, e ao resto de vell@s coñecid@s, grazas por seguiren por aquí.

X disse...

Benvido tamén a vostede, Manuel Rivas, e perdoe a descortesía, foi un despiste.

X disse...

Benvida tamén a Meighinha, uff, menudo día levo!