Páxinas

2006/10/01

Día do orgullo neofalante

Acabo de saber polo Chuza que hoxe é o día do orgullo neofalante, e lembro cando con dezaoito anos decidín dar o gran paso e instalarme no monolingüísmo, e tamén recordo a loita, a reafirmación e a guerra entre o cerebro e unha lingua torpona.
Veñen moitas cousas á cabeza, e con dor o que máis lembro é a crueldade, sobre todo dos próximos, daqueles que deberían ter sido os primeiros en axudarme, das vítimas dun autoodio incurable.
Os neofalantes teñen algo en común coas mal denominadas minorías sexuais, ese momento na vida en que deciden que o que vai por dentro vaia tamén por fóra.
Creo que a batalla sociolingüística agora se libra en dúas frontes, na do abandono lingüístico facilmente localizada e contra a que se actúa dunha forma máis ou menos acertada, e na fronte da recuperación pola vía dos neofalantes conscientes, un camiño case sempre esquecido.
Reivindico unha valoración social positiva para @s neofalantes e a quen teña tentacións de se converter nun neofalante dígolle que por suposto non é fácil, como todas as cousas boas da vida.

22 comentários:

leco disse...

Concordo totalmente co paralelismo. Foi a mellor maneira que atopei hai meses para darlle unha explicación ao seu estrés a unha amiga que casaba con outra muller :

X disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
X disse...

Si, Leco, salvando as distancias, por suposto, creo que son dúas situacións difíciles de autodefensa.

Beluka disse...

ola! son nova por aquí só quería amosar o meu apoio aos neofalantes. e tamén aos aprendices, aos que algún día se animen a falar galego, aos bilingües, aos monolingües e ás linguas todas.
saudiños

Mrs.Doyle disse...

En materia de lingua, neste caso de lingua galega, creo que existe unha pésima planificación lingüística. Estou convencida.

Política lingüística non traballa ben. Non se lle pode deixar toda a responsabilidade á sociedade.

Vivín en moitos lugares diferentes, e moitos deles con lingua minoritarias (máis minoritarias que o galego)que gozaban dun grande interese e respeto da poboción autóctona e dos turistas.

A día de hoxe penso que a este goberno ségue interesado en xogar con eso de "mexan por nós e dicimos que chove" e apela constantemente a que é imposible loitar contra o "autoodio"...
As cousas, señores, xa non son así. Non entredes no xogo. Mentres non haxa medidas máis ríxidas aquí nada cambiará.

A día de hoxe queridos amigos existe moitísima literatura en galego, e moitísima literatura mala en galego, poderíase decir que goza dun estado normalizado, pero non podemos facer unha hipoteca en galego ou non podemos facer un poder notarial.
Hai algo que falla é o responsable é Política Lingüística...

Anônimo disse...

ao final sempre gaña o que vai por dentro... porque ten máis valor, vén do corazón. hai cinco anos que lle gañei a guerra á diglosia, entón eu tamén estou de festa xDD yuhhhhuuuuuu

R.R. disse...

Estou con beluka e coas linguas todas, claro que si, pero con algunhas máis que con outras, como estou máis cos países pobres que cos ricos no asunto da débeda externa, ou máis coa seguridade social en tanto que organismo para previr e salvar desigualdades.

E xa estou un pouco menos con Mrs. Doyle. A culpa non é toda, nunca, dun só cargo, e menos neste caso, nun país no que calquera acceso ós medios de comunicación, por poñer un exemplo dos moitos mencionables, ten un 90% de probabilidades de producirse en línguas que non son o galego. O problema, evidentemente, é de todos, principalmente dos políticos que poden arriscarse e decidir en favor do galego pese á oposición de moitos (e non o fan porque perden votos). O único paso que podemos dar os cidadáns en favor da nosa língua é tomar o camiño que tomou X. O demais, todo, a min me cheira a derrota.

Desculpas pola extensión e polo pesimismo.

David disse...

Eu estou intentando convencer a un amigo que quere facerse galego-falante, pero non se atreve... A ver se consigue dar o paso, hehe.
Saúdos!!

moucho branco disse...

Eu decidín facerme monolíngüe en galego aos dezaseis anos e en "La Coru", e dende logo non foi doado...

un saúdo.

RAIKO disse...

Las políticas lingüísticas son política, no lengua. No nos dejemos engañar, las lenguas son, no son buenas ni malas. La lengua es algo muy íntimo y cada quién la usa como quiere y cuando quiere. Lo penoso es que las lenguas se usen como armas o como excusas para atacar ideologías. Yo soy monolingüe materno y desde este lado de la barrera veo el bilingüismo como una gran ventaja, por eso no puedo mostrarme muy de acuerdo con la elección del monolingüismo.
Y vaya este desacuerdo desde mi más profundo respeto a la libertad personal, desde mi mayor amor a una cultura y una lengua, la gallega, que por avatares del destino siento casi como mías, y desde mi condición de filólogo lingüista y, por lo tanto, amante de las lenguas. Un saludo.

R.R. disse...

Perde coidado, raiko. Aquí non podemos ser monolingües a non ser que quedemos pechados na casa. En canto pasamos por diante dun kiosko, prendemos a tele ou a radio, ou nos conectamos ás internetes, acabouse o conto. En castelán témolo máis fácil...

X disse...

Raiko creo que non entendeu ben o meu post.
Disinto na súa afirmación de que cada un usa unha lingua como quere e cando quere, iso só acontece en territorios con linguas normalizadas mais non en todos aqueles onde se dá un conflito lingüístico.
Equivócase tamén cando considera que defendo o monolingüismo contra o polilingüismo, ao revés, son defensora do polilingüismo, cantas máis linguas se saiban, mellor, cousa ben diferente é o "bilingüismo harmónico" empiricamente imposible e disfraz cutre da diglosia.
Doulle a benvida e agradezo a súa participación no blog. Un saúdo.

Mrs.Doyle disse...

Raiko, me gustaría decirle desde mi condición de lingüista especialista en la adquisición de segunda lengua, que la defensa del monolingüismo no es más que una muestra de ignoranca: cuantos más lenguas dominemos, más cultura tendremos.
En Galicia, el problema es la situación de diglosia, que es real, existe y los gallegos la padecen.

Para las lenguas minoritarias es fundamental la actuación del gobierno, pues es el que debe planificar y gestionar las medidas pertinentes para cumplir el proceso de normalización y eso, en Galicia, se hace ahora y se hacía antes de modo incorrecto. No hay más que ver los resultados.

Disculpad, no pretendía dar "la brasa" con el tema pero a veces una se enciende... estos debates suelen ir siempre en la misma dirección.

RAIKO disse...

No sé, es que eso de las lenguas minoritarias no me suena nada bien. Yo también soy especialista en enseñanza y aprendizaje de L2, pero hablamos ahora de situaciones de polilingüismo materno, o sea no adquirido.
Miren, para simplificar, lo que quiero venir a decir es que toda lengua y, por supuesto, en este caso el gallego, está viva en cuanto a que es usada y es usada, valga la redundancia, en cuanto que es útil.
Útil puede ser simplemente que los hablantes le tengan un especial cariño y les guste hablarla, en las ciencias humanas todo es así de relativo...
El gallego se hablará en la medida en la que los hablantes quieran y sólo hasta ahí, lo de imponerlo por decreto es algo tan antinatural como hacerlo con cualquier otra lengua.
En la historia el gallego ha resistido muchas condiciones adversas y no me refiero sólo a las políticas, sino a las lingüisticas que sí suelen hacer mella en las lenguas. Y ha salido airoso de todas ellas incluso diría yo que fortalecido.
En cuanto a lo del polilingüismo, no nos engañemos. Yo conozco bastantes lenguas y realmente tengo una opinión que voy a dejar escrita. Sé que va a ser polémica y, en todo caso no es más que una opinión personal, nada dogmático. Todo el mundo opina que saber muchas lenguas es bueno, pero ¿realmente es útil ese polilingüismo de saber una lengua y no usarla nunca?
Yo creo que polilingüe, yo prefiero el término multilingüe, no es el que sabe más de una lengua, sino el que usa más de una lengua, porque el fin de toda lengua y el principio, si me apuran, es el uso.

X disse...

Raiko, a condición dunha lingua minorizada, neste caso non minoritaria, é como é, independentemente de como a vostede lle soe. En canto a imposicións e a decretos, non creo ter falado nada ao respecto. Con todo, atopo un punto de encontro entre as nosas opinións, o fin das linguas é a comunicación.
Mrs. Doyle, grazas polos seus comentarios.

R.R. disse...

A ver se aceptamos o seguinte resumen (espero que non o fagades): a decisión que tomou X é das poucas útiles que se poden tomar para protexer unha língua desfavorecida polas circunstancias ó longo de séculos. Pero hai outras, -políticas, efectivamente- como a que se conta no enlace que poño a continuación.

http://www.cronistadebetanzos.com/betycom/98-03.html

O tempo demostra que por fortuna non funcionan.

Con permiso de X, eu seguiría o debate...

Un saúdo agarimoso para tod@s.

Anônimo disse...

Non tiña nin idea da existencia desa celebración. Daquela, súmome. E coido que explicas moi ben a sensación que todos tivemos cando demos o paso.

X disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
X disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
X disse...

r.r. moi interesante o link, grazas.
Teñen o meu permiso para continuar o debate todo canto queiran todos vostedes.

X disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Anônimo disse...

No meu caso son galego falante "de berce" ou de pais galego-falantes, pero vamos, non creo que iso lle dea "pedigrí" a ninguén. Está claro que hai que animar e respectar aos neofalantes.
De feito, tal como están as cousas, é nos neofalantes onde radica o futuro da lingua. Os falantes "maternos" (ou como se diga) cada vez son menos e nada parece indicar que as cousas vaian mudar a curto prazo.
Unha moi boa iniciativa.