Páxinas

2006/10/13

Castañas

Este é o primeiro cucurucho de castañas da temporada, onte á noite, cando este sol marabilloso de hoxe aínda non fixera acto de presenza, as castañas quentiñas souberonlles ben ás xemas dos dedos que acabaron ennegrecidas e tamén ás bocas.

10 comentarios:

Anónimo dixo...

Unha das cousas que máis boto en falta en Madrid é a celebración do magosto. Nótase que hay ben tempo que deixaron de ser un pobo apegado á terra.

Anónimo dixo...

eu coa de castañas que teño na casa podo montar un chiringuito!!! ai, estes madrileños que non saben o que é bo!!

por certo, ti es o escritor, ou só é coincidencia? :)

un saudiño!

Anónimo dixo...

upsssssssssss acabo de pasarme polo teu blog e ler que non es... así que perdoa a preguntiña, seguro que estar farto dela!! sorry

moucho branco dixo...

O que mais me gusta delas é o seu aroma, tan familiar e agradábel...

Ra dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Ra dixo...

Las castañas son requisito indispensable del otoño, y que bien saben ambos!

X dixo...

Ambos?

Mrs.Doyle dixo...

Definitivamente ata que non aparecen as exquisitas castañas non acepto o outono...

Anónimo dixo...

Pois vou ter que ser eu quen rompa esta cadea de eloxios á castaña. So me gustan os castiñeiros pero o seu froito non é do meu agrado.

Moralla dixo...

Ola! Eu sonche de Ourense, da terra do San Martiño, dos orixinarios San Martiños, das prezadas e sabrosas castañas, sobre todo, asadas, como na fotiña.
Xa se achga o tempo!!
Bicazo