Páxinas

2006/09/10

Ruínas


Hoxe fun dar a un blog no que hai un enlace ao meu blog, pero o curioso é que o último post é de xuño de 2005, un ano antes de nacer Selva de Esmelle, nese último post anúnciase a mudanza a un novo blog, mais alí non hai nada. De alí vou dar a outro blog escrito entre xuño e decembro de 2004. Tamén aterrei noutro cun post de febreiro de 2005 que se mudaba para unha nova páxina na que en xuño de 2006 se despedía por un tempo porque tiña algo así como milleiros de comentarios.
Vou farta de camiñar entre ruínas.

12 comentários:

Anônimo disse...

Ë que nisto dos blogs hai moita inconstancia. A min pásame moitas veces o mesmo.

X disse...

De atopar ruínas ou de perder as ganas de seguir?

Anônimo disse...

Mrs. Doyle tiña un, e como non soportaba telo decoidado eliminouno. Agora está pensando crear un novo porque pode adicarlle tempo, pero o que ten claro é que antes de abandonalo o destruirá... Non me gustan as cousas inconclusas.

moucho branco disse...

A min tamén me cheira tanto cadaver blogosférico... hai mais blogues inactivos que activos.

un saúdo.

RAIKO disse...

Pero, en el fondo, ¿no pensáis que en las ruinas hay un transfondo romántico y melancólico que las hace muy atractivas...? Quizá esos blogs valen por lo que tienen de antiguo, porque nos hacen retrotraernos a un tiempo pasado, porque nos muestran lo que fue y ya no es... No sé, es una opinión. Perdonad que no escriba en gallego, pero no es mi lengua materna y no me veo demasiado suelto. Un saludo.

Anônimo disse...

Teño outro blog en stand-by desde xaneiro polo convencemento profundo de que é o lugar que lle corresponde no proceso no que estou, o que non me impide entendelo como un Work in progress, coido que os lapsos de tempo e as intencións son sempre subxectivas, o que non é óbice para comprender que en ocasións os blogs xorden dunha moda que procede da novidade no seu sentido máis pexorativo.
Un saúdo

X disse...

Eu non estou en contra dos blogs abandonados, só creo que debeiriamos inventar algo así como un cemiterio de blogs, de forma que cando alguén desexa ir ver blogs abandonados, temporal ou permanentemente, se dirixe a eles e os atopa.
Non sempre está un para atopar blogs abandonados.
E por suposto, lea ben Mrs. Doyle, estou totalmente en contra da eliminación de blogs así como así se non hai causas maiores.

PD: Raiko aquí cada quen escribe no que lle peta.

Anônimo disse...

Eu prefiro eliminar os blogs que deixalos abandonados. Outra cousa é que os blogs estén en "stand by". Pero iso só o sabe o dono.
Agora Mrs. Doyle adícase a ocupar blogs abandoados. De cando en vez escribe comentarios no último post dun blog que a ela lle gusta moito. A pena é que esa modalidade non é tan coñecida e non crea tanto debate...
Por se lles interesa o blog ocupado é www.efimera.org

Lúa disse...

e non te da curiosidade as razóns pra que eses blogues estean asi...?en ruinas??

Anônimo disse...

Non. Supoño que son motivos completamente humanos como a falta de tempo, a falta de inspiración,...

Anônimo disse...

óla!

Si, son ruinas.
Xa que pos ligazon unha "ruina" miña aproveito aqui para contar o conto dende meu punto de vista.
O que me pasou e que tiven unha demanda da Xunta polo proxecto artistico Plan Galicia.



Depriminme. Outra demanda máis, e esta vez con bufete de avogados de Madri , como se eu fose alguen importante, e dispostos a ir a pola miña gorxa (tamén por iso non puiden colgar o podcast, pese a que xa tiña feito varios). Máis depresión, tiña que parar todo, e o mesmo tempo, comezaron a chegarme milleiros de comentarios tipo "casinoonlain" e "enlarjeyurpenis".



Un dia calquera, hay pouco, vin que o raposo marchara da eira, levanteime, busquei unha palloza na blogaliza , collin as pedras das outras ruinas e estou recompoñendo todo.

Por certo, das duas ruinas que teño, despois de varias semanas co choio hay dez minutos que acabo de rematar de mudar todo dunha delas, a base de controlce e controluve. a ver se nunhas semanas remato coa outra. E comecei a subir as afotos o choio do flicur.


unha aperta e saudos a todos
graciñas polo espacio selva-de-esmelle. xa ves que sego vivo

e graciñas por lembrarte :-)


mariano

X disse...

Grazas a ti por abrirnos os ollos.