Páxinas

2006/09/29

Amizades

Ás veces @s amig@s nos esquecen e sabemos del@s por terceiros e alegrámonos ou sufrimos segundo vaian as súas cousas e ata intercambiamos saúdos cordiais acumulando en silencio o non poder dicir canto nos gustaría que se lembrasen de nós.

8 comentarios:

Elianinha dixo...

que razón tes... síntome totalmente identificada.

Ra dixo...

Pero que cierto!Saludo!

Moralla dixo...

Seica es amante e admiradora de Bette Davies....
Grazas pola túa colaboración!
Yoli

Lúa dixo...

DE CERTO.....ESTAME A PASAR ALGO SIMILAR CUNHA PERSOA QUE MARCHOU MOI LONXE.....LEI DE VIDA DIN....EU DIGO VAIA MERDA!!!

Mrs.Doyle dixo...

Eu non teño moito apego polos amigos, fíxenme moi solitaria. Podo decir que teño moi bos amigos, pero que non cuido moito a amizade ou non o fago como a maioría da xente.
Agora ben, se sei que algún deles está mal procuro estar ao seu lado antes de que digan nada, porque as cousas malas sempre se saben rápido...

oko dixo...

a min tamén me está a pasar con algunhas persoas...

X dixo...

Supoño que a sensación de abandono é unha circunstancia que se presenta de forma común coas amizades e da que tod@s participamos nalgún momento das nosas vidas.

X dixo...

Moralla, Bette é, para min, a actriz entre as actrices.
Doulle a benvida.