Páxinas

2006/09/08

Manuel María. Poeta Nacional

No segundo cabodano da morte de Manuel María gustaríame lembralo cun dos seus últimos poemas no que se dirixe a Saleta Goi, quen máis sente a súa morte hoxe e todos os días, a muller que lle tendeu a man ata o final.
____
Ti, amada, ollas como vou morrendo
en anacos pequenos cada día
e nada podes facer para reterme
á beira túa feliz e confiado.
O teu amor, amiga, vai enchendo
o oco escuro da miña soedade.
Tamén ti
vas morrendo un anaco cada día,
sentindo
ese tempo fatal que leva á morte.
¡Nada podes facer por min
nin eu por ti!
¡Dáme a túa mao doce e sinxela!
¡Dáme sempre a túa mao, amiga miña!
(Manuel María: Camiños de luz e sombra. 2000)

9 comentários:

Lúa disse...

Foi grande á historia ista, foi.

X disse...

Foino.

Anônimo disse...

Que home máis entrañable! Era unha desas persoas ás que podes escoitar e escoitar e aprender e aprender...
E Saleta...
Seguramente é unha grande historia de amor.
Sempre xuntos. Un equipo.
Tiven a ocasión de coñecelos e como non, de querelos.

RAIKO disse...

Gran poema.

X disse...

Nada me agradaría máis.

Desorde disse...

algún link de interese universal:

http://desorde.blogspot.com/2006/05/de-charing-cross-road-mm.html

http://inseminario.blogspot.com/2006/02/algun-tia-q-decilo.html

X disse...

Desde logo son diferentes ópticas de avaliar a obra de Manuel María, para min é boa en canto atopo nela pezas capaces de me dicir algo onte, hoxe e mañá, mais tamén porque me ofrece as claves para interpretar a historia da miña sociedade e a historia da súa literatura.
Non creo que sexa de xustiza soster que Manuel María é aplaudido “por razóns alleas á súa obra poética”, eu diría que tamén o é por elas, mais non só.
E desde logo nunca poderei estar de acordo con quen sosteña que Manuel María é un cancro para a poesía e para a poesía en galego. Para min este tipo de afirmacións irreverentes recórdanme aos petardos, estoupan, si, afástate, si, mais nunca son eles os protagonistas cando te lembras dos bos momentos da festa.