Páxinas

2006/09/07

O poder da palabra

No ano 1898 este home escribiu A guerra dos mundos.

O 30 de outubro de 1938, véspera de Halloween, estoutro home adaptou a obra e dramatizouna nun programa radiofónico.

Ao día seguinte os xornais publicaban isto.

Aínda que tamén existe a teoría da conspiración segundo a cal a emisión do programa sería unha forma de probar os efectos da guerra psicolóxica sobre a poboación norteamericana, a min gústame pensar nese episodio como nun magnífico exemplo do poder da literatura, en definitiva, do poder da palabra.


*Post orixinado despois de ler Cando a literatura era poderosa de Francisco Castro en A canción do náufrago.

[Jeff wayne: The war of the worlds – 01 – The ever of the war]

powered by ODEO

12 comentários:

Anônimo disse...

Fermosa homenaxe á palabra que según Montaigne é metade de quen a pronuncia e metade de quen a escoita.

Xosé Manuel Carreira disse...

Que malote debía de ser Orson Wells. Pois sí que o tomaron a serio os pobres americanos. Xa me imaxino aos pobres co fusil na man. Se este pequeno trasno lles chega a contar unha de invasores do espacio ate son capaces de crelo.

Por certo, encántame o seu radio blog, creo que é un dos mais anovadores da blogosfera.

Mrs. Doyle, vostede usando citas alleas??? non mo podo crer, haha. Un saúdo.

Anônimo disse...

Mendinho:
Mrs.Doyle colecciona citas alleas, ten moleskines cheos delas, pero a Mrs. Doyle gústalle descubrilas nos libros, nas películas, nas conversas, nos blogs,... non lle gusta repetir as citas que outros citan como se foran de ela propiamente.
(Perdoen a falta de lucidez de hoxe)

X disse...

Pois nada, vostedes mesmos, non os molestarei :D

Anônimo disse...

eu tamén prefiro pensar no poder da literatura.

X disse...

É moito máis alentador.
Benvida Noa.

Elianinha disse...

A min cada vez paréceme que a raza humana se vai deteriorando, como se fose perdendo calidade, con respecto ao pasado. Véxoo na clase política, no xornalismo, na literatura... en todo. Creo que a capacidade de pensar se vai perdendo. Non me imaxino a un Orson Welles, nin un H.G. Wells (sería Dan Brown o máximo expoñente da ciencia ficción na actualidade??). Non vexo xenios como tales como os do pasado. Ao mellor agora convén citar a Karina, "cualquier tiempo pasado nos parece mejor...".
Quedan xenios da palabra hoxe? (a parte de Saramago, claro) Libros cargados de sentimentalismo, estruturas tópicas, patróns de conduta nada sorprendentes. Non sei, ultimamente case leo só ensaios, porque a fición que chega ás miñas mans parece sacada de Aquí hay tomate. Fan falta Lucías Etxebarrías, claro, pero hai mundo máis aló.

X disse...

Non Elianinha, iso de que calquera tempo pasado foi mellor é o consolo para os descontentos crónicos.
Se miramos cara atrás en calquera arte, poñamos nun período concreto, o século XX, poderemos sinalar 10, 50, 100 obras singulares en cada unha das artes, unha por ano e a dez probablemente lles poderiamos dar a etiqueta de "grandiosa obra".
Verdadeiramente cre que no mundo, na actualidade, non se fai unha grandiosa obra de calquera arte no período de dez anos?
Mátanos a falta de perspectiva, necesitamos abandonar o bosque para dende lonxe poder ver cal das súas árbores é a máis alta, só iso.

Anônimo disse...

Eu só podo dar as grazas porque teñas traído ata o teu blog, do que tanto gusto, a miña reflexión.

X disse...

Náufrago, digamos que o culpable foi vostede :)

Anônimo disse...

É a primeira vez que a palabra "culpable" lle atopo un senso positivo.

X disse...

Culpable en canto responsable xa que non ten nada de ilícito :)